Declarado improcedente o despido dun afiliado á CNT traballador da empresa de inserción laboral FEITO PONTEVEDRA

A empresa de inserción laboral FEITO PONTEVEDRA recoñece a improcedencia do despedimento

FEITO PONTEVEDRA, beneficiaria de subvencións por inserción e de contratos para o Concello de Pontevedra e para a Xunta de Galicia, ten a súa actividade principal no mantemento de xardíns e roce do monte. As administracións coas que traballan nunca comprobaron se as contratacións do persoal eran fraudulentas.

Seguir lendo A empresa de inserción laboral FEITO PONTEVEDRA recoñece a improcedencia do despedimento

“Máis de 20 anos traballando na axuda a domicilio da Guarda e podemos acabar na rúa”

A CNT busca que as traballadoras de axuda a domicilio do Concello da Guarda, que levan máis de 20 anos contratadas irregularmente, vexan os seus dereitos recoñecidos. As traballadoras, que orixinalmente prestaban os seus servizos para a Cruz Vermella, foron contratadas polo Concello no ano 2006 cando a administración pública decidiu asumir as funcións de axuda a domicilio.

Seguir lendo “Máis de 20 anos traballando na axuda a domicilio da Guarda e podemos acabar na rúa”
Queremos a Fixeza XA!

Desde a CNT seguimos loitando pola fixeza na administración pública

Desde a CNT seguimos loitando pola fixeza na administración pública. O primeiro que podemos facer para defender os nosos postos de traballo é manternos informados e informadas.

Por este motivo creamos unha guía actualizada coa nova lexislación en dous formatos: unha versión para ordenador e outra para que poidas compartir por whatsapp/telegram cos teus grupos de traballo ou amizades interesadas.

Seguir lendo Desde a CNT seguimos loitando pola fixeza na administración pública

A CNT consegue unha nova sentenza favorable por cantidades fronte ao Concello de Muros

O Concello de Muros volve ser condenado ao abono de máis de 20.000 €

A CNT continúa reclamando o pagamento das sentenzas anteriores que aínda adebeda o Concello

A sentenza é clara e condena de forma rotunda as prácticas do Concello para manter uns salario que perpetúan a precariedade da clase traballadora

Seguir lendo A CNT consegue unha nova sentenza favorable por cantidades fronte ao Concello de Muros

A CNT demanda a incorporación á estrutura salarial do IGAPE aos traballadores e traballadoras subrogados

A CNT demanda ao Instituto Galego de Promoción Económica por a equiparación salarial dos seus traballadores e traballadoras

As cantidades individuais debidas supoñen máis de 9.000 € por cada persoa afiliada ao sendicato

A demanda solicita, ademais das cantidades debidas, o recoñecemento ao futuro da incorporación dos traballadores e traballadores demandantes na estrutura salarial do Instituto

Seguir lendo A CNT demanda a incorporación á estrutura salarial do IGAPE aos traballadores e traballadoras subrogados

Xullo quente na Administración pública

O Encontro galego do persoal público temporal, do que fai parte a CNT, acorda na asemblea deste pasado 25 de xuño realizar dous actos neste próximo mes electoral como medida de protesta e visibilización da problemática dos traballadores e traballadoras públicos en fraude de lei.

* Cadea humana en Compostela o 4 de xullo ás 12h na Alameda

* Caceirolada  ante o tribunal superior de Xustiza de Galicia en A Coruña o 15 de xullo ás 11:30h

Seguir lendo Xullo quente na Administración pública

A CNT demanda ao Concello de Cangas por discriminación por razón de sexo

O Concello de Cangas realiza contratos temporais para tarefas que son de caracter estrutural, habitual e permanentes

Os postos cubertos para a limpeza do Concello, ocupados maiormente por mulleres, cúbrense con contratos de 6 meses, mentres que os postos de peón de obras ou peón de limpeza viaria, maioritariamente realizados por homes, non teñen esta temporalidade.

Seguir lendo A CNT demanda ao Concello de Cangas por discriminación por razón de sexo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia evita pronunciarse sobre a fixeza do persoal do Consorcio Galego de I+B

O tribunal inadmite as demandas por non considerar válido o procedemento de conflito colectivo

O sindicato entende a sentenza como a única forma posible de evitar pronunciarse sobre a fixeza do persoal

O sindicato lembra que se trata dun grave ataque aos dereitos básicos dos traballadores e traballadoras

Seguir lendo O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia evita pronunciarse sobre a fixeza do persoal do Consorcio Galego de I+B

Encontro persoal público temporal o xoves 25 de xuño ás 17h

Desde CNT facemos un novo chamamento a todas as organizacións, colectivos e todo o persoal temporal de calquera Administración Pública a participar dun novo encontro aberto o vindeiro xoves 26 de xuño ás 17h no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro (Compostela). Por motivos sanitarios acude coa túa máscara.

Seguir lendo Encontro persoal público temporal o xoves 25 de xuño ás 17h

O Concello de Pontevedra impide o exercicio da actividade sindical

A Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura do Concello de Pontevedra, María del Carmen Fouces Díaz, pretende impedir a liberdade sindical

Dende o Concello non se dá resposta ás demandas de documentación en materia de Prevención de Riscos realizadas polo delegado da sección sindical

Seguir lendo O Concello de Pontevedra impide o exercicio da actividade sindical

Ao respecto da sentenza do Contencioso Administrativo nº4 de Alicante

A sentenza do contencioso de Alicante reafirma o punto de vista da CNT sobre a fixeza na administración, cunha análise que basea a súa fundamentación na superación dun proceso selectivo e na interpretación de normas estatais e autonómicas, e no sentido de que non existe a posibilidade de adquirir a fixeza de maneira automática nin como consecuencia da simple existencia do fraude na contratación

Seguir lendo Ao respecto da sentenza do Contencioso Administrativo nº4 de Alicante

Reincorporación ao traballo na Xunta de Galicia

A reincorporación do persoal da Xunta de Galicia aos seus postos de traballo debe levarse a cabo de maneira segura e garantir en todo momento que se poda desenvolver o traballo con estrito respecto pola súa saúde e seguridade laboral.

Seguir lendo Reincorporación ao traballo na Xunta de Galicia

CELÉBRANSE OS CONFLITOS COLECTIVOS POLA FIXEZA NO CONSORCIO GALEGO DE IeB

Tras a celebración onte dos xuizos polos conflitos colectivos fronte á contratación en fraude de lei pola parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dende a CNT queremos facer un resumo do que supuxo unha nova traición de sindicatos como UXT e CCOO á clase traballadora.

Seguir lendo CELÉBRANSE OS CONFLITOS COLECTIVOS POLA FIXEZA NO CONSORCIO GALEGO DE IeB
Call Now ButtonChámanos