Declarado improcedente o despido dun afiliado á CNT traballador da empresa de inserción laboral FEITO PONTEVEDRA

A empresa de inserción laboral FEITO PONTEVEDRA recoñece a improcedencia do despedimento

  • FEITO PONTEVEDRA incumpre a legalidade na contratación dun traballador
  • As Administracións contratan servizos a unha empresa que emprega en fraude

FEITO PONTEVEDRA, beneficiaria de subvencións por inserción e de contratos para o Concello de Pontevedra e para a Xunta de Galicia, ten a súa actividade principal no mantemento de xardíns e roce do monte. As administracións coas que traballan nunca comprobaron se as contratacións do persoal eran fraudulentas.

A lexislación vixente prohibe explicitamente cubrir postos de traballo permanentes con contratos temporais, pero dende o gabinete sindical da CNT lamentan a desprotección fronte aos despidos irregulares. «As consecuencias de recoñecer un despido improcedente é unha indemnización maior, pero non suficiente para disuadir ás empresas».

A CNT solicita ás Administracións que antes de facer un contrato público ou conceder unha subvención comproben a legalidade laboral dos traballadores das empresas.

Call Now ButtonChámanos