Crónica folga 28 outubro nas AAPPs

CNT Galiza apoiou a xornada de folga xeral en todas as administracións públicas e participou da manifestación en Compostela. 

Na xornada do 28/10/2021 todo o persoal público foi convocado a folga en todo o estado. O obxectivo desta acción é denunciar a situación dos centos de miles de traballadores públicos temporais en fraude, e presionar nun momento clave de negociacións entre as forzas políticas que discuten o futuro das víctimas sen contar con elas.

As protestas e mobilizacións do persoal público temporal extendéronse por moitas cidades do estado e na Galiza centos de persoas fixeron parte da manifestación que percorreu Compostela na mañán do día de folga.

Esta folga convócase o marxe das formacións sindicais maioritarias e sostense gracias o sindicalismo alternativo nun exercicio de entendemento e unión por unha causa común a toda a administración pública, que afecta a todos os niveis (estatal, local, autonómica…) e en todas as categorías profesionais. Non se entende que as centrais sindicais maioritarias abandonen a 800000 traballadores, os máis vulnerables do servizo público.
Namentres os políticos continúan debatindo, os falsos procesos de “estabilización” e “consolidación” continúan, e persoal público en fraude por abuso de temporalidade queda na rúa.

As traballadoras e traballadores públicos temporais esiximos:
Unha lexislación que recolla a consolidación real do persoal en abuso de temporalidade.
Que non se despida ao persoal temporal ata que non se regularice a súa situación.
Que se permita e obrigue ás administracións públicas a transformar a relación temporal nunha figura máis estable.

AS QUE ESTAMOS, QUEDAMOS!
… E LOITAMOS!!!

Call Now ButtonChámanos