Acto lotado de amor e solidariedade no 11S: XIV cabo-de-ano de Rosa Bassave

Foram muitas as companheiras e companheiros e amigas de toda a condição que acudiram à nossa convocatória num ensolarado dia lembrando a companheira anarcossindicalista e feminista. Muita emoção compartilhada em recordo de Rosa, que lembravam sua vida entregada à Ideia na causa do proletariado, era impressionante o fervor que dominava nesse lugar mágico da Lagoa de Cornes perto do local da CNT.

Seguir lendo Acto lotado de amor e solidariedade no 11S: XIV cabo-de-ano de Rosa Bassave

Como resolveu a Revolución o problema dos menores non acompañados?

A guerra, en particular, afectou aos nenos, deixando a moitos nenos e nenas sen pai, sen nai ou sen ambos os dous nunha situación difícil. O Movemento Libertario abordou esta situación sen depender do Estado nin dos acordos entre partidos políticos no Parlamento, acollendo a eles en varios territorios e baseando a súa estratexia na solidariedade e o apoio mutuo.

Seguir lendo Como resolveu a Revolución o problema dos menores non acompañados?

A furia e o mar: Crónica dunha farsa

O pasado 30/07/2026 comezaron as chegadas sucesivas en ondas de inmigrantes sobre as costas de Ceuta (unhas 60.000 persoas) e Melilla (uns 1.000-2.000). A traxedia leva por diante a realidade política e social. A día 03/08/26 van contabilizados uns 100 mortos. Non é un fenómeno illado, senón que se trata de algo recorrente: a última vez en 2021 foron preto de 8.000 persoas que trataron de entrar en Ceuta en menos de 48h, 1.500 deles eran menores de idade. En xuño de 2022 outros 2.000 tentaríano falecendo entre 30-40 persoas. Podemos remontarnos até os 14 falecidos en 2005.

Seguir lendo A furia e o mar: Crónica dunha farsa

Paco Ponzán: anarcosindicalismo, revolución e resistencia

A peripecia vital de Francisco Ponzán Vidal (Oviedo, 30/03/1911 – Buzet-sur-Tarn, Francia, 17/08/1944) revela o compromiso sostido do movemento anarquista ibérico coa transformación da sociedade antes e despois do golpe franquista, así como coa loita antifascista aínda hoxe tan relevante. Mestre de profesión, militante da CNT, destacado organizador anarquista, Ponzán fixo da revolución social e da solidariedade internacional o eixe da súa vida, durante a Guerra Civil e tamén máis adiante, na Resistencia francesa fronte ao nazismo.

Seguir lendo Paco Ponzán: anarcosindicalismo, revolución e resistencia

Comunicado da sección sindical do SAF de Ames

Desde a sección sindical de CNT Compostela no SAF de Ames acudiremos á manifestación do vindeiro sábado 11 de xullo ás 11:00h en Santiago de Compostela.

Este movemento, que se está a xerar a nivel estatal, naceu únicamente da iniciativa das propias auxiliares do SAF/SAD, co obxectivo de visibilizar a realidade do servizo e reclamar unhas condicións dignas tanto para as persoas usuarias como para as profesionais que o fan posible.

Seguir lendo Comunicado da sección sindical do SAF de Ames

A Xunta acumula atrasos nos procesos selectivos do SPIF e mantén sen cubrir definitivamente numerosas prazas nun servizo esencial

Os procesos de estabilización continúan sen rematar e, máis dun mes despois dos exames celebrados o 15 de maio, as persoas aspirantes ás categorías de Bombeiro Forestal e Bombeiro Forestal Xefe de Brigada seguen sen coñecer as súas cualificacións nin a data do seguinte exercicio.

Seguir lendo A Xunta acumula atrasos nos procesos selectivos do SPIF e mantén sen cubrir definitivamente numerosas prazas nun servizo esencial

A CNT denuncia a Arenal Perfumerías por represalia sindical contra o delegado de Ribadeo

A Sección Sindical da CNT en Ribadeo vén de denunciar a Arenal Perfumerías, SLU por unha clara represalia contra o delegado sindical da Sección, quen recibiu unha comunicación formal da empresa o pasado 15 de maio que, a todos os efectos, constitúe unha sanción escrita encuberta tras case dúas décadas de relación laboral sen antecedentes.

Seguir lendo A CNT denuncia a Arenal Perfumerías por represalia sindical contra o delegado de Ribadeo

A CNT coa educación infantil de 0-3

Entre os puntos máis relevantes do manifesto, no que se clama pola dignidade educativa deste ciclo, destacamos: a non precarización do sector, con ratios abusivas, o cal afecta á calidade da atención educativa ao alumnado; condicións laborais dignas, con tempos para a formación permanente e a programación; a importancia da parella educativa; unha educación inclusiva real, con recursos e apoios para unha atención á diversidade óptima e, por último, e como punto que resume esas demandas, o recoñecemento ao labor educativo no 0-3: coidar é educar.

Seguir lendo A CNT coa educación infantil de 0-3