Ao respecto da sentenza do Contencioso Administrativo nº4 de Alicante

Vén de facerse pública a sentenza dos Xulgados de Alicante que declara a fixeza da relación laboral dunha funcionaria interina traballadora do Concello de Alicante. Esta boa noticia supón un pulo máis nas xustas reclamacións de fixeza do persoal temporal da administración, tras a sentenza do Tribunal de Xutixa da Unión Europea do pasado marzo. (https://cnt.gal/a-cnt-ao-respecto-da-sentencia-do-txue-e-o-persoal-en-fraude-de-lei/)
A sentenza do contencioso de Alicante reafirma o punto de vista da CNT sobre a fixeza na administración, cunha análise que basea a súa fundamentación na superación dun proceso selectivo e na interpretación de normas estatais e autonómicas, e no sentido de que non existe a posibilidade de adquirir a fixeza de maneira automática nin como consecuencia da simple existencia do fraude na contratación. Desde o sindicato sempre manifestamos a dificultade que existía nestes procesos xudiciais e nunca pretendimos ter fórmulas automáticas para conseguir a fixeza, do mesmo xeito que sempre defendimos que existían múltiples posibilidades para plantexar os casos, prantexamento que moitas veces tivemos que facer en solitario e en contra de todo o resto de sindicatos. 
En todo caso, a sentenza reafirma un prantexamento que desde a CNT xa se está a demandar desde hai tempo, como é o feito de que a confección de listas de contratación baremadas supón en si mesma un concurso de méritos e polo tanto é un proceso de selección válido para a adquisión da fixeza. 
En defintiva, a sentenza é unha boa noticia para todo o persoal temporal, especialmente para o persoal interino funcionario pero que pode extenderse se probema ao persoal laboral, aínda que hai que tomala con coa cutela de ser unha sentenza de primeira instancia que non xera xurisprudencia á que nos poidamos acoller directamente e que contén varios puntos moi cuestionables, como pode ser a barbaridade de non conceder o carácter de funcionaria de carreira á demandante, que consideramos un grave erro ao nivel conceptual da creación do indefinido non fixo.

Loader Loading…
EAD Logo Taking too long?

Reload Reload document
| Open Open in new tab

Descarregar [285.53 KB]

Call Now ButtonChámanos