O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia evita pronunciarse sobre a fixeza do persoal do Consorcio Galego de I+B

  • O tribunal inadmite as demandas por non considerar válido o procedemento de conflito colectivo
  • O sindicato entende a sentenza como a única forma posible de evitar pronunciarse sobre a fixeza do persoal
  • O sindicato lembra que se trata dun grave ataque aos dereitos básicos dos traballadores e traballadoras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de ditar sendas sentenzas de inadecuación de procedemento nos conflitos colectivos que demandaban o carácter fixo dos contratos do persoal dos centros de día e das escolas infantís do Consorcio Galego de servizos de Igualdade e Benestar. Debe lembrarse que este persoal foi leva 13 anos traballando con contratos de obra ou servizo determinado, o que constitúe unha fraude flagrante e a imposición dunha precariedade inadmisible no emprego público.

O tribunal entende que o procedemento adecuado debe ser individual e non colectivo, o que segundo o sindicato supón “unha volta máis na perigosa tendencia deste tribunal a conculcar os dereitos colectivos da clase traballadora e dificultar o acceso á xustiza” ao impoñer con xustificacións de moi escaso calado xurídico os procedementos individuais, máis lentos e custosos. Da CNT lembran tamén que “o conflito colectivo é un dereito básico recollido no ET, polo que a dificultade do seu exercicio por parte dos tribunais é outra forma de detraer dereitos da clase traballadora”.

Este tipo de sentenzas sobre a forma dos procedementos valórase como unha estratexia dos tribunais para evitar ditar sentenzas de amplo alcance nas que dificilmente cabe a posibilidade de desestimar o fondo das demandas do persoal público e  cuxas consecuencias para a Administración que incumpre a súa propia lei serían tamén de grandes dimensións.

Call Now ButtonChámanos