A CNT demanda ao Concello de Muros por douscentos mil euros

A sección sindical da CNT no Concello de Muros demanda ao Concello pola comisión dunha práctica ilegal segundo á que o persoal do GES estaría sendo obrigado a realizar horas extras de maneira estrutural, horas extras que ademais non son aboadas de ningunha maneira. Segundo o convenio colectivo, as horas extras deben ser voluntarias e aboarse con
importantes recargos que poden acadar o 300% da hora ordinaria se se
realizan en horario nocturno e festivo, como é o caso.

Seguir lendo A CNT demanda ao Concello de Muros por douscentos mil euros
Declarado improcedente o despido dun afiliado á CNT traballador da empresa de inserción laboral FEITO PONTEVEDRA

A empresa de inserción laboral FEITO PONTEVEDRA recoñece a improcedencia do despedimento

FEITO PONTEVEDRA, beneficiaria de subvencións por inserción e de contratos para o Concello de Pontevedra e para a Xunta de Galicia, ten a súa actividade principal no mantemento de xardíns e roce do monte. As administracións coas que traballan nunca comprobaron se as contratacións do persoal eran fraudulentas.

Seguir lendo A empresa de inserción laboral FEITO PONTEVEDRA recoñece a improcedencia do despedimento

Los Ángeles Gas despide a traballador por reclamar melloras laborais

A Gasolinera Los Ángeles Gas, de Brión, despide ao persoal reivindicativo ou a calquera que se opoña á súa explotación. O pasado mes de maio un afiliado da CNT, que traballaba como expendedor de gasolina durante as fins de semana, viu rescindido o seu contrato pola súa afiliación sindical, motivo polo que dende o sindicato demandamos á empresa.

Seguir lendo Los Ángeles Gas despide a traballador por reclamar melloras laborais

“Máis de 20 anos traballando na axuda a domicilio da Guarda e podemos acabar na rúa”

A CNT busca que as traballadoras de axuda a domicilio do Concello da Guarda, que levan máis de 20 anos contratadas irregularmente, vexan os seus dereitos recoñecidos. As traballadoras, que orixinalmente prestaban os seus servizos para a Cruz Vermella, foron contratadas polo Concello no ano 2006 cando a administración pública decidiu asumir as funcións de axuda a domicilio.

Seguir lendo “Máis de 20 anos traballando na axuda a domicilio da Guarda e podemos acabar na rúa”

A REALIDADE DOS CENTROS DE DÍA PÚBLICOS DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL A MENOS DUNHA SEMANA DA APERTURA: NON PODERÁN ABRIR CON GARANTÍAS DE PREVENCIÓN ANTE OS CONTAXIOS POR CORONAVIRUS

Seguir lendo A REALIDADE DOS CENTROS DE DÍA PÚBLICOS DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL A MENOS DUNHA SEMANA DA APERTURA: NON PODERÁN ABRIR CON GARANTÍAS DE PREVENCIÓN ANTE OS CONTAXIOS POR CORONAVIRUS

A CNT consegue unha nova sentenza favorable por cantidades fronte ao Concello de Muros

O Concello de Muros volve ser condenado ao abono de máis de 20.000 €

A CNT continúa reclamando o pagamento das sentenzas anteriores que aínda adebeda o Concello

A sentenza é clara e condena de forma rotunda as prácticas do Concello para manter uns salario que perpetúan a precariedade da clase traballadora

Seguir lendo A CNT consegue unha nova sentenza favorable por cantidades fronte ao Concello de Muros

O Xulgado declara nulo o despedimento de Autocares Serén tras a demanda da CNT

O traballador comezou a recibir represalias tras denunciar ante ao Xulgado e a Inspección de Traballo as lamentables condicións nas que se atopaba traballando

As represalias terminaron no despedimento do afiliado

A CNT demandou a nulidade do despedimento e consegue desta forma a readmisión e os salarios de tramitación dende o momento do despedimento até agora

Seguir lendo O Xulgado declara nulo o despedimento de Autocares Serén tras a demanda da CNT

A CNT demanda a incorporación á estrutura salarial do IGAPE aos traballadores e traballadoras subrogados

A CNT demanda ao Instituto Galego de Promoción Económica por a equiparación salarial dos seus traballadores e traballadoras

As cantidades individuais debidas supoñen máis de 9.000 € por cada persoa afiliada ao sendicato

A demanda solicita, ademais das cantidades debidas, o recoñecemento ao futuro da incorporación dos traballadores e traballadores demandantes na estrutura salarial do Instituto

Seguir lendo A CNT demanda a incorporación á estrutura salarial do IGAPE aos traballadores e traballadoras subrogados

Xullo quente na Administración pública

O Encontro galego do persoal público temporal, do que fai parte a CNT, acorda na asemblea deste pasado 25 de xuño realizar dous actos neste próximo mes electoral como medida de protesta e visibilización da problemática dos traballadores e traballadoras públicos en fraude de lei.

* Cadea humana en Compostela o 4 de xullo ás 12h na Alameda

* Caceirolada  ante o tribunal superior de Xustiza de Galicia en A Coruña o 15 de xullo ás 11:30h

Seguir lendo Xullo quente na Administración pública

A CNT denuncia as condicións de traballo na empresa de axuda a domicilio IDADES S.L.

A empresa ten como práctica habitual a contratación das súas traballadoras en fraude de lei.

A CNT denuncia que a empresa nin sequera entrega nóminas e contratos ás súas traballadoras.

Ademais deste, prodúcense outros incumprimentos laborais en materia salarial e de xornada.

Seguir lendo A CNT denuncia as condicións de traballo na empresa de axuda a domicilio IDADES S.L.

A CNT demanda ao Concello de Cangas por discriminación por razón de sexo

O Concello de Cangas realiza contratos temporais para tarefas que son de caracter estrutural, habitual e permanentes

Os postos cubertos para a limpeza do Concello, ocupados maiormente por mulleres, cúbrense con contratos de 6 meses, mentres que os postos de peón de obras ou peón de limpeza viaria, maioritariamente realizados por homes, non teñen esta temporalidade.

Seguir lendo A CNT demanda ao Concello de Cangas por discriminación por razón de sexo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia evita pronunciarse sobre a fixeza do persoal do Consorcio Galego de I+B

O tribunal inadmite as demandas por non considerar válido o procedemento de conflito colectivo

O sindicato entende a sentenza como a única forma posible de evitar pronunciarse sobre a fixeza do persoal

O sindicato lembra que se trata dun grave ataque aos dereitos básicos dos traballadores e traballadoras

Seguir lendo O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia evita pronunciarse sobre a fixeza do persoal do Consorcio Galego de I+B

Encontro persoal público temporal o xoves 25 de xuño ás 17h

Desde CNT facemos un novo chamamento a todas as organizacións, colectivos e todo o persoal temporal de calquera Administración Pública a participar dun novo encontro aberto o vindeiro xoves 26 de xuño ás 17h no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro (Compostela). Por motivos sanitarios acude coa túa máscara.

Seguir lendo Encontro persoal público temporal o xoves 25 de xuño ás 17h

O Concello de Pontevedra impide o exercicio da actividade sindical

A Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura do Concello de Pontevedra, María del Carmen Fouces Díaz, pretende impedir a liberdade sindical

Dende o Concello non se dá resposta ás demandas de documentación en materia de Prevención de Riscos realizadas polo delegado da sección sindical

Seguir lendo O Concello de Pontevedra impide o exercicio da actividade sindical
Call Now ButtonChámanos