A CNT consegue unha nova sentenza favorable por cantidades fronte ao Concello de Muros

O Concello de Muros volve ser condenado ao abono de máis de 20.000 €

A CNT continúa reclamando o pagamento das sentenzas anteriores que aínda adebeda o Concello

A sentenza é clara e condena de forma rotunda as prácticas do Concello para manter uns salario que perpetúan a precariedade da clase traballadora

Seguir lendo A CNT consegue unha nova sentenza favorable por cantidades fronte ao Concello de Muros

O Xulgado declara nulo o despedimento de Autocares Serén tras a demanda da CNT

O traballador comezou a recibir represalias tras denunciar ante ao Xulgado e a Inspección de Traballo as lamentables condicións nas que se atopaba traballando

As represalias terminaron no despedimento do afiliado

A CNT demandou a nulidade do despedimento e consegue desta forma a readmisión e os salarios de tramitación dende o momento do despedimento até agora

Seguir lendo O Xulgado declara nulo o despedimento de Autocares Serén tras a demanda da CNT

Xullo quente na Administración pública

O Encontro galego do persoal público temporal, do que fai parte a CNT, acorda na asemblea deste pasado 25 de xuño realizar dous actos neste próximo mes electoral como medida de protesta e visibilización da problemática dos traballadores e traballadoras públicos en fraude de lei.

* Cadea humana en Compostela o 4 de xullo ás 12h na Alameda

* Caceirolada  ante o tribunal superior de Xustiza de Galicia en A Coruña o 15 de xullo ás 11:30h

Seguir lendo Xullo quente na Administración pública

A CNT denuncia as condicións de traballo na empresa de axuda a domicilio IDADES S.L.

A empresa ten como práctica habitual a contratación das súas traballadoras en fraude de lei.

A CNT denuncia que a empresa nin sequera entrega nóminas e contratos ás súas traballadoras.

Ademais deste, prodúcense outros incumprimentos laborais en materia salarial e de xornada.

Seguir lendo A CNT denuncia as condicións de traballo na empresa de axuda a domicilio IDADES S.L.

CELÉBRANSE OS CONFLITOS COLECTIVOS POLA FIXEZA NO CONSORCIO GALEGO DE IeB

Tras a celebración onte dos xuizos polos conflitos colectivos fronte á contratación en fraude de lei pola parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dende a CNT queremos facer un resumo do que supuxo unha nova traición de sindicatos como UXT e CCOO á clase traballadora.

Seguir lendo CELÉBRANSE OS CONFLITOS COLECTIVOS POLA FIXEZA NO CONSORCIO GALEGO DE IeB

A CNT demanda por despedimento nulo a C&G Técnicos Asociados

A Empresa C&G Técnicos Asociados aproveitou a oportunidade do COVID-19 para desfacerse dun compañeiro polo seu traballo sindical na empresa

Tras levar un tempo intentando forzarlle para que se marchara pola súa conta, finalmente aplicou un despedimento obxectivo

A CNT reclama a readmisión do traballador no seu posto de traballo e unha indemnización por vulneración de dereitos fundamentais

Seguir lendo A CNT demanda por despedimento nulo a C&G Técnicos Asociados

PAREMOS A TEMPORALIDADE PÚBLICA

As traballadoras e traballadores do sector público non son alleos aos problemas de temporalidade que arrastra a clase traballadora en todo o Estado español. Durante esta Emerxencia Sanitaria puidemos comprobar, unha vez máis, como a clase traballadora era utilizada para facer fronte a unha pandemia e refugada posteriormente como mera mercancía. Os contratos temporais a través dunha obra e servizo, eventuais, fixos descontinuos, indefinidos non fixos… son unha constante na maior parte dos ámbitos da Administración Pública. Unha inseguridade laboral que xera deficiencias no desenvolvemento dos traballos e problemas económicos, sociais e de saúde sobre a clase traballadora que os soporta.

Seguir lendo PAREMOS A TEMPORALIDADE PÚBLICA
Consrocio Galego

As residencias públicas soportan o ballón: O exemplo do Consorcio Galego

A Emerxencia Sanitaria xerada polo Covid-19 si que entende de territorios, sectores e capacidade organizativa. Desta forma, durante esta crise o sector da poboación golpeado máis duramente foi a de maior idade, especialmente aqueles dependentes que viven ou vivían en centros residenciais. A sección sindical da CNT Galiza no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar preparou o seguinte informe cos datos comparados entre os servizos públicos e privados da comunidade.

Seguir lendo As residencias públicas soportan o ballón: O exemplo do Consorcio Galego
ERTE Airas Catering

O ERTE de FREIRE CHICO SL (AIRAS CATERING) é impugnado pola CNT

A CNT demanda a presentación do ERTE por causa de forza maior da empresa FREIRE CHICO SL (AIRAS CATERING)

A empresa solicitou o ERTE un mes despois de iniciado o Estado de Alarma e mentres aínda existían traballos realizados polos empregados

Ademais de actividades normais, a empresa consiguiu durante este período novas contratacións derivadas do propio Estado de Alarma

Seguir lendo O ERTE de FREIRE CHICO SL (AIRAS CATERING) é impugnado pola CNT

1º DE MAIO: AGORA MÁIS QUE NUNCA, ORGULLO DE CLASE TRABALLADORA

Este 1º de Maio será, sen dúbida, unha xornada de reivindicación atípica para a clase traballadora. No contexto dunha crise global a causa da pandemia do COVID-1, os traballadores e traballadoras enfrontámonos este ano a unha situación limite. Non é que antes estivese ben, pero agora ponse a proba a nosa capacidade, non só de resistir a adversidade, se non de combatela, demostrando ademais, o fundamental que é a actividade sindical que desenvolvemos nesta sociedade.

Seguir lendo 1º DE MAIO: AGORA MÁIS QUE NUNCA, ORGULLO DE CLASE TRABALLADORA

A CNT demanda a Cativos Educación e Deporte por despedimento

A CNT presenta unha demanda fronte á empresa Cativos Educación e Deporte S.L. polo despedimento nulo do traballador

A empresa aproveitou este momento de Emerxencia para realizar varios despedimentos no persoal que lle resultaba “incómodo”

O despedimento leva asociada, ademais, unha indemnización superior aos 6.500 € para o traballador da empresa

Seguir lendo A CNT demanda a Cativos Educación e Deporte por despedimento

CONTINÚAN OS RECORTES DE DEREITOS FUNDAMENTAIS

Agora elimínase o dereito á tutela efectiva dos tribunais para a clase traballadora. O Consello Xeral do Poder Xudicial acaba de anunciar unha batería de medidas que pretenden “evitar un colapso da Administración de Xustiza tras o fin do estado de alarma declarado co motivo da pandemia do coronavirus”.

Seguir lendo CONTINÚAN OS RECORTES DE DEREITOS FUNDAMENTAIS

APOIO ÁS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS: CONDONACIÓN DO SEGURO SOCIAL

O Estado español permitiu a realización de polo menos 200.000 ERTEs, afectando a máis de 1,5 millóns de persoas, e sen ter en conta se esas empresas obteñen beneficios desorbitados, esqueceu a todas aquelas persoas que traballan por conta propia sen ter contratadas a terceiras. É dicir, o 80% do total de traballadores e traballadoras autónomas.

Seguir lendo APOIO ÁS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS: CONDONACIÓN DO SEGURO SOCIAL

O GES de Castro Caldelas traballa sen Equipos de Protección Individuais

A CNT denuncia a falta de material de prevención para os traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Castro Caldelas

Os labores de desinfección prodúcense en lugares públicos ou incluso en residencias sen dispoñer das medidas preventivas adecuadas

Algún dos traballadores atópase en illamento tras dar positivo por COVID19 despois de realizar tarefas de desinfección sen as proteccións necesarias

Seguir lendo O GES de Castro Caldelas traballa sen Equipos de Protección Individuais
Call Now ButtonChámanos