Este 8 de Marzo, e todos os días, as mulleres da CNT Galiza, feministas, manifestamos que:

A división sexual do traballo é insostible nunha sociedade xusta e igualitaria. As mulleres estamos explotadas no ámbito privado e no ámbito público. As traballadoras enfrontámonos día a día a un sistema capitalista e patriarcal cuxa existencia depende da nosa opresión. Violéntannos polo feito de ser mulleres.

Seguir lendo Este 8 de Marzo, e todos os días, as mulleres da CNT Galiza, feministas, manifestamos que:

“Máis de 20 anos traballando na axuda a domicilio da Guarda e podemos acabar na rúa”

A CNT busca que as traballadoras de axuda a domicilio do Concello da Guarda, que levan máis de 20 anos contratadas irregularmente, vexan os seus dereitos recoñecidos. As traballadoras, que orixinalmente prestaban os seus servizos para a Cruz Vermella, foron contratadas polo Concello no ano 2006 cando a administración pública decidiu asumir as funcións de axuda a domicilio.

Seguir lendo “Máis de 20 anos traballando na axuda a domicilio da Guarda e podemos acabar na rúa”

Unha sentencia anula o despedimento dunha afiliada da CNT que participou na convocatoria da folga do 8M en 2019

A participación activa na folga xeral convocada pola Confederación Nacional do Traballo supuxo o despedimento dunha afiliada, membro do comité de folga. A traballadora, que prestaba os seus servizos cun contrato en prácticas, foi informada do seu despedimento por atrasos reiterados de 2 e 3 minutos en datas próximas ao exercicio do dereito de folga.

Seguir lendo Unha sentencia anula o despedimento dunha afiliada da CNT que participou na convocatoria da folga do 8M en 2019
Call Now ButtonChámanos