Xullo quente na Administración pública

* Cadea humana en Compostela o 4 de xullo ás 12h na Alameda

* Caceirolada  ante o tribunal superior de Xustiza de Galicia en A Coruña o 15 de xullo ás 11:30h

O Encontro galego do persoal público temporal, do que fai parte a CNT, acorda na asemblea deste pasado 25 de xuño realizar dous actos neste próximo mes electoral como medida de protesta e visibilización da problemática dos traballadores e traballadoras públicos en fraude de lei.

O sábado día 4 de xullo convocamos ás 12h na estátua das Marias na alameda de Compostela para a realización dunha cadea humana.

E o mércores día 15 de xullo convocamos ás 11:30h en A Coruña a unha caceirolada diante da sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sito na praza de Galicia.

Nestas convocatorias convidamos ás persoas asistentes a qué veñan ataviadas con máscara, camisola de protesta e pancarta persoal, sendo tamén recomendable calquera artiluxio para facer ruidosa a protesta.

Decidiuse tamén que a vindeira xuntanza do encontro será o 16 de setembro.

O Encontro galego do persoal público temporal é un espazo aberto a organizacións e persoas a nivel individual que naceu na primaveira de 2019 co obxectivo de desenvolver protestas contra o abuso e fraude por parte da Administracións Públicas na contratación temporal. Así, a loita polos postos de traballo do persoal público é a base da defensa dos servicios públicos de calidade.

O Encontro ten aprobados por unanimidade os seguintes puntos reivindicativos:

– Paralización inmediata dos falsos procesos de estabilización, sen prexuízo da continuidade da oferta de prazas ordinarias para cubrir baixas

– Suspensión e anulación de todo cese e despedimento ilegal

– Estabilización mediante regularización administrativa, de todo o persoal público en fraude e abuso de temporalidade

– Igualdade de trato e condicións de traballo entre persoal temporal e fixo da Administración

– Reversión das privatizacións

– Recuperación de vacantes e prazas amortizadas sacando a oferta de emprego público as prazas necesarias para acabar cos planteis deficitarios

Call Now ButtonChámanos