O Concello de Pontevedra impide o exercicio da actividade sindical

  • A Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura do Concello de Pontevedra, María del Carmen Fouces Díaz, pretende impedir a liberdade sindical
  • Dende o Concello non se dá resposta ás demandas de documentación en materia de Prevención de Riscos realizadas polo delegado da sección sindical

Coa intención de eludir as primeiras reivindicacións levadas a cabo pola CNT, o Concello de Pontevedra pretende cuestionar a legalidade da sección sindical e do nomeamento dos seus delegados. Da CNT lembran que “a elección dos delegados sindicais das seccións da CNT corresponde soamente aos traballadores e traballadoras que forman dita sección“. Pretende, nunha extralimitación das súas funcións como representante pública, María del Carmen Fouces Díaz por límites á acción sindical da CNT, obviando a lexislación existente que permite a representación dos traballadores e traballadoras baixo a figura das seccións sindicais, a Conselleira so concibe o sindicalismo como a representación por medio dos comités de empresa.

Desde a CNT denunciase a laméntable situación do Servizo de Emerxencias do Concello en canto á prevención de riscos e ao cumprimento da lexislación sobre seguridade e saúde laboral, e lévase meses exixindo o traslado da información sobre prevención ao persoal do SEIS e o desenvolvemento dos obrigados protocolos de traballo seguro, reclamación que derivou nesta actitude autoritaria de María del Carmen Fouces Díaz. Este enfrontamento non é senón unha escusa pola parte da representante do Concello para non facilitar a documentación requirida pola sección sindical e, así mesmo, proceder á “revogación do nomeamento dos Recursos Preventivos do SEIS, a facilitar avaliación de riscos ante o COVID e os procedementos de traballo“.

Da CNT lembran que xa recentemente o Concello de Pontevedra tivo que recoñecer o encadramento erróneo dos bombeiros do SEIS como persoal administrativo, procedendo a variar a súa adscrición como o que realmente son, persoal de Protección Civil, e entenden que esta era unha so de moitas irregularidades que se están a dar no Concello. O sindicato manifesta a súa firme vontade de traballar pola mellora das condicións de todo o persoal e en reitereadas ocasións intentou establecer unha comunicación entre a Sección Sindical e o Concello para posibilitar un entorno de traballo adecuado. Con todo, a resposta que se recibíu foi unicamente o cuestionamento da lexitimidade da sección sindical e dos seus delegados, sen atender nin unha soa das peticións formuladas polo sindicato.


Call Now ButtonChámanos