O Concello de Cervo négase a negociar co GES

O Grupo de Emerxencias Supramunicial de Cervo, despois de varios anos de conflito e de acumular demandas en materia laboral, acordou a apertura da negociación dun convenio franxa no que se regulen as características laborais especiais do servizo. É de salientar que o GES non está incluído no articulado do Convenio colectivo do persoal laboral do Concello, xa que este data de 2007 e o GES foi creado no 2013, e polo tanto non recolle as súas especiais características.

Seguir lendo O Concello de Cervo négase a negociar co GES

A mancomunidade de Concellos do Val Miñor comprométese a chegar a acordos ante o conflito do G.E.S. que se prolonga no tempo máis de catro anos

Os Representantes xurídicos de parte dos traballadores e da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor comprométense a achegar posturas, para intentar resolver un conflito que está latente dende fai máis de catro anos.

Seguir lendo A mancomunidade de Concellos do Val Miñor comprométese a chegar a acordos ante o conflito do G.E.S. que se prolonga no tempo máis de catro anos

O persoal do GES do Valmiñor denuncian falta de transparencia e pucheirazo no proceso de estabilización do emprego público

O servizo dos GES no Valmiñor está a sufrir momentos de grande tensión entre o persoal que pode desencadenar graves consecuencias no correcto desenvolvemento do servizo. A CNT chama ao entendemento e ao diálogo para evitar que sexa a cidadanía a que pague a falla de consideración da delegada de persoal.

Seguir lendo O persoal do GES do Valmiñor denuncian falta de transparencia e pucheirazo no proceso de estabilización do emprego público

O Concello de Quiroga despide a un traballador do GES “para non ter que facelo indefinido”

A CNT reclama a nulidade do despido dun traballador do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES). Tras tres anos cubrindo un posto, estrutural e permanente, o Concello de Quiroga extingue a relación por “expiración da duración máxima” do seu contrato temporal. O resto dos traballadores do GES, pese a ter o mesmo contrato temporal “expirado”, continúan a traballar.

Seguir lendo O Concello de Quiroga despide a un traballador do GES “para non ter que facelo indefinido”

O Concello de Cervo pon e grave risco aos GES deixando a garda cun só efectivo

Os e as traballadoras da Sección Sindical da CNT denuncian o incumprimento reiterado por parte do Concello de Cervo da normativa vixente, ao non cubrir baixas, permisos ou vacacións. O persoal dos GES leva anos notificando estes graves incumprimentos que o pasado día 20 puxeron en risco a un traballador no incendio que tivo lugar no polígono de Cuíña, en Cervo, tendo que lamentar graves danos materiais.

Seguir lendo O Concello de Cervo pon e grave risco aos GES deixando a garda cun só efectivo

A CNT consegue unha nova sentenza favorable por cantidades fronte ao Concello de Muros

O Concello de Muros volve ser condenado ao abono de máis de 20.000 €

A CNT continúa reclamando o pagamento das sentenzas anteriores que aínda adebeda o Concello

A sentenza é clara e condena de forma rotunda as prácticas do Concello para manter uns salario que perpetúan a precariedade da clase traballadora

Seguir lendo A CNT consegue unha nova sentenza favorable por cantidades fronte ao Concello de Muros

Xullo quente na Administración pública

O Encontro galego do persoal público temporal, do que fai parte a CNT, acorda na asemblea deste pasado 25 de xuño realizar dous actos neste próximo mes electoral como medida de protesta e visibilización da problemática dos traballadores e traballadoras públicos en fraude de lei.

* Cadea humana en Compostela o 4 de xullo ás 12h na Alameda

* Caceirolada  ante o tribunal superior de Xustiza de Galicia en A Coruña o 15 de xullo ás 11:30h

Seguir lendo Xullo quente na Administración pública

O GES de Castro Caldelas traballa sen Equipos de Protección Individuais

A CNT denuncia a falta de material de prevención para os traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Castro Caldelas

Os labores de desinfección prodúcense en lugares públicos ou incluso en residencias sen dispoñer das medidas preventivas adecuadas

Algún dos traballadores atópase en illamento tras dar positivo por COVID19 despois de realizar tarefas de desinfección sen as proteccións necesarias

Seguir lendo O GES de Castro Caldelas traballa sen Equipos de Protección Individuais

O Concello de Castro Caldelas insiste en poñer en risco as vidas do GES

Fronte ás reclamacións da sección sindical de CNT no Concello, a alcaldesa segue sen entregar os Equipos de Protección Individuais (EPIs) adecuados

Ante a reclamación interposta polo rexistro do Concello de Castro Caldelas, a resposta do equipo de goberno non resolve as necesidade do servizo

Nestes momentos de Emerxencia, o persoal do Grupo Emerxencias Supramunicipais (GES) non pode estar exposto ao contaxio do COVID19 nin ao risco de propagar a enfermidade

Seguir lendo O Concello de Castro Caldelas insiste en poñer en risco as vidas do GES

A CNT denuncia a inseguridade dos GES de Castro Caldelas fronte ao COVID-19

A situación dos traballadores e traballadoras fronte á emerxencia do COVID-19 é de total indefensión

O Concello de Castro Caldelas non facilita ningún tipo de Equipo de Protección Individual (EPI) poñendo en risco aos empregados públicos e aos propios cidadáns

A CNT demanda á Subdelegación do Goberno en Ourense e á Inspeción de Traballo que tomen medidas urxentes nesta situación de emerxencia

Seguir lendo A CNT denuncia a inseguridade dos GES de Castro Caldelas fronte ao COVID-19
GES Castro Caldelas

A CNT denuncia o uso indiscriminado do GES de Castro Caldelas pola parte do Concello

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) é utilizado polo Concello para realizar tarefas que non son a súa responsabilidade

O Concello de Castro Caldelas aproveita un servizo subvencionado pola Xunta de Galiza para traballos fora do ámbito do Convenio

Realizar la mudanza e transportar piedra da casa do cura, disfrazarse de reis magos ou dirigir e organizar o tráfico son algúns dos encargos do Concello que están fora do Convenio de colaboración

Seguir lendo A CNT denuncia o uso indiscriminado do GES de Castro Caldelas pola parte do Concello
GES Lobios

A CNT gaña a demanda fronte ao Concello de Lobios, que deberá facer fixos aos traballadores do GES

Tras a demanda presentada o 25 de novembro, unha nova sentenza volta a dar a razón á CNT

Os traballadores e traballadoras do GES de Lobios se encontraban contratados en fraude de lei

A CNT continúa o seu traballo para conseguir postos de calidade que aseguren o mellor desenvolvemento posible dos servizos públicos

Seguir lendo A CNT gaña a demanda fronte ao Concello de Lobios, que deberá facer fixos aos traballadores do GES
Concello Pereiro de Aguiar

A CNT consegue a fixeza do GES do Pereiro de Aguiar

Os 10 traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Pereiro de Aguiar conseguen a fixeza dos seus postos de traballo

O Concello é condenado ao realizar unha contratación de forma fraudulenta ao tratarse de postos estruturais e permanentes

A CNT continúa o camiño comenzado fai uns anos co obxectivo de dotar aos traballadores e traballadoras de postos estables e coas garantías suficientes para o desenvolvemento das súas vidas

Seguir lendo A CNT consegue a fixeza do GES do Pereiro de Aguiar
Call Now ButtonChámanos