A CNT é unha organización sindical independente (non vinculada a partidos políticos) e autoxestionaria (non recibimos subvencións de ningún tipo) á que pode pertencer calquera persoa traballadora, sen importar as súas ideas políticas ou crenzas relixiosas.

A CNT é un sindicato diferente: a democracia directa é o noso sinal de identidade. Todas as decisións tómanse en asemblea. Non hai dirixentes e existe plena liberdade e igualdade no intercambio de ideas, opinións e iniciativas. A nosa táctica principal é a acción directa, é dicir, a solución dos conflitos polas persoas afectadas, sen intermediarios. Loitamos polo reparto do traballo e a riqueza, contra a desigualdade económica e social.
Cremos no deseño de estratexias como factor clave para desenvolver conflitos sindicais con éxito, e proporcionamos asesoría sindical e xurídica gratuítas para a afiliación.
Na CNT practicamos un sindicalismo baseado na implantación real da nosa afiliación nas empresas a través de Seccións sindicais (non participamos nas eleccións sindicais nin nos comités de empresa). Este modelo organizativo respecta a toma de decisións por parte dos traballadores/as, sendo o suficientemente flexible para adaptarse ao entramado empresarial.
A Sección Sindical trata coa empresa a través dun representante elixido pola mesma asemblea co fin de tratar as demandas da Sección. Esta persoa, a diferencia dos delegados do comité de empresa, non ten privilexios que o distingan do resto. A través da sección a reivindicación dos intereses e a defensa dos dereitos faise directamente, sen intermediación. Así temos a garantía de que nunca se asinarán modificacións das condicións de traballo ou calquera outro pacto sen a nosa vontade e nunca se fará unha negociación ás nosas costas. Os pactos que acade a Sección Sindical só se aplican ao persoal que forma parte dela, se ben calquera traballador ou traballadora da empresa pode adherirse a eles.

Como se organiza a CNT?

Como se organiza a CNT nunha empresa?

Os principios e tácticas da CNT

Asumimos os principios do sindicalismo revolucionario:

Auto-xestión: Significa auto-goberno. Os traballadores e traballadoras xestionan os seus propios asuntos sen intervención de nengunha autoridade.

Federalismo: Cada sindicato confedérase co resto para actuar ante as circunstancias ás que teñan que facer frente, sen perder a autonomía dentro do seu ámbito. Non existe nengún poder central.

Solidariedade e apoio mutuo: En virtude deste pacto solidario, cada agresión que receba unha das partes da CNT é respostada por toda a Confederación. O mesmo pode dicerse entre os afiliados e afiliadas de cada sindicato.

Quén pode pertencer á CNT?

Calquera traballador ou traballadora, sen importar as súas ideas políticas ou crenzas relixiosas. Chega con que se comprometa a aceptar o noso pacto asociativo e a respetar as decisións que se tomen en asemblea.

Para preservar a independencia do sindicato, os membros de partidos políticos ou organizacións relixiosas non poden empregar o sindicato como foro de propaganda nen ostentar cargos.

Non caben na CNT aquelas persoas que non poden considerarse traballadoras ou traballadores, como empresarios ou empresarias, nen tampouco policías nen membros de corpos represivos en xeral.

Por coherencia, non é posíbel a doble militancia de traballadores e traballadoras afiliadas a outras centrais sindicais.

Call Now ButtonChámanos