CELÉBRANSE OS CONFLITOS COLECTIVOS POLA FIXEZA NO CONSORCIO GALEGO DE IeB

  • Tras a celebración onte dos xuizos polos conflitos colectivos fronte á contratación en fraude de lei pola parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, desde a CNT queremos facer un resumo do que supuxo unha nova traición de sindicatos como UXT e CCOO á clase traballadora.

A CNT defendeu dende un primeiro momento a fixeza dos postos de traballo do persoal do Consorcio Galego que accedeu mediante a superación dun proceso selectivo e leva anos contratado en fraude de lei. Unha situación que, como viñemos expoñendo estes últimos días, xera unha inestabilidade laboral que afecta á saúde dos traballadores e traballadoras e ao servizo ofrecido dende o organismo público.

Deste xeito, o sindicato defendeu de novo, na liña que levamos mantendo case en solitario desde hai anos sobre a fixeza na administración, a obriga da estabiliade laboral para contar cuns servizos públicos de calidade que dean resposta ás necesidades de todos os habitantes do país. Fronte á CNT, ademáis da patronal, aliñaronse os sindicatos UXT e CCOO, quen ante unha nova oportunidade, defenderon os intereses da parte denunciada.

Desde a CNT deféndese a xustiza das demandas e recálcase a manifesta ilegalidade das prácticas contratuais levadas a cabo pola administración e, neste sentido, afirman que “so esperamos unha sentenza que determine a fixeza dos postos de traballo das persoas que superaron un proceso selectivo completo, legal e con todas as garantías, pois é a única axustada a dereito.”

Desde a CNT afírmase que se continuará na defensa da estabilidade do emprego público, seguindo o camiño aberto coa histórica sentenza de fixeza do GES de A Guarda conseguida pola CNT en 2018 e cuxos termos están a seguir desde entón diversos tribunais e xulgados de todo o Estado.

#ParemosATemporalidadePública

Call Now ButtonChámanos