A CNT demanda a incorporación á estrutura salarial do IGAPE aos traballadores e traballadoras subrogados

  • A CNT demanda ao Instituto Galego de Promoción Económica por equiparación salarial dos seus traballadores e traballadoras
  • As cantidades individuais adebedadas supoñen máis de 9.000 € por denunciante
  • A demanda solicita, ademáis das cantidades adebedadas, o recoñecemento ao futuro da incorporación dos traballadores e traballadores demandantes na estrutura salarial do Instituto

Após a subrogación dos traballadores e traballadoras que viñan do C.E.E.I GALICIA S.A (BIC GALICIA) ao IGAPE, estes continuaron coas condicións económicas anteriores, sen incluilos na estrutura salarial aprobada polo IGAPE no ano 2010. Isto provoca grandes desigualdades en materia de retribucións económicas existentes entre o persoal subrogado dende o BIC Galicia e o propio persoal que xa se encontraba con anterioridade no IGAPE a pesar de que “tanto os demandantes como o resto dos traballadores do organismo demandando, veñen a desenvolver as mesmas funcións e a asumir idéntica responsabilidade“.

Esta situación, como pode comprobarse, non é novidosa. Ademais, o persoal que vén do BIC Galicia expresou sempre a súa preocupación por esta situación discriminatoria. Dende o ano 2012 foron innumerables as ocasións nas que os traballadores e traballadoras puxeron en coñecemento dos distintos representantes do organismo as desigualdades xeradas dentro do mesmo. Ante a inacción destes, a única saída posible foi a formalización da demanda actual por medio do sindicato CNT.

A demanda, que inclúe tamén á Consellería de Facenda e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, busca eliminar esta desigualdade e discriminación dentro da empresa pública.

Call Now ButtonChámanos