O Tribunal Superior de Xustiza concorda coa CNT e recoñece discriminación salarial por cuestión de sexo nas limpadoras do Concello de Cangas

O Tribunal Superior de Xustiza recoñece a discriminación salarial por cuestión de sexo dentro dos servizos de limpeza do Concello de Cangas que se denunciou dende o sindicato CNT. O servizo de limpeza de rúa, composto completamente por homes, está cobrando 500 euros máis que os servizos de limpeza de interiores, compostos nun 75% por mulleres.

Seguir lendo O Tribunal Superior de Xustiza concorda coa CNT e recoñece discriminación salarial por cuestión de sexo nas limpadoras do Concello de Cangas

A CNT demanda ao Concello de Cangas por discriminación por razón de sexo

O Concello de Cangas realiza contratos temporais para tarefas que son de caracter estrutural, habitual e permanentes

Os postos cubertos para a limpeza do Concello, ocupados maiormente por mulleres, cúbrense con contratos de 6 meses, mentres que os postos de peón de obras ou peón de limpeza viaria, maioritariamente realizados por homes, non teñen esta temporalidade.

Seguir lendo A CNT demanda ao Concello de Cangas por discriminación por razón de sexo
Call Now ButtonChámanos