Encontro persoal público temporal o xoves 25 de xuño ás 17h

Retomamos o Encontro Galego do persoal público temporal

Desde CNT facemos un novo chamamento a todas as organizacións, colectivos e todo o persoal temporal de calquera Administración Pública a participar dun novo encontro aberto o vindeiro xoves 25 de xuño ás 17h no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro (Compostela). Por motivos sanitarios acude coa túa máscara.

O obxectivo do encontro é continuar a sumar forzas e incrementar a visibilidade pública da situación de fraude e abuso de temporalidade nas distintas Administracións Públicas, retomando deste xeito as actividades tras o período de emerxencia.

Os milleiros de persoas que estamos traballando en fraude de lei nas administracións públicas temos un compromiso co servizo á cidadanía e somos unha parte importante da estrutura dos servizos públicos. E tras anos de interesado esquecemento, vemos como Administración e sindicalismo de concertación pactan agora procesos de regulación que poden supoñer o despedimento para milleiros de traballadores e traballadoras públicos.

Xuntas somos máis fortes!

Paremos a fraude e o abuso nas Administracións Públicas!

@s que están, quedan!!

Call Now ButtonChámanos