A CNT consegue unha nova sentenza favorable por cantidades fronte ao Concello de Muros

  • O Concello de Muros volve ser condenado ao abono de máis de 20.000 €
  • A CNT continúa reclamando o pagamento das sentenzas anteriores que aínda adebeda o Concello
  • A sentenza é clara e condena de forma rotunda as prácticas do Concello para manter uns salario que perpetúan a precariedade da clase traballadora

O traballador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Muros presentou unha nova demanda en materia de cantidades dado o incumprimiento pola parte do Concello no correcto pagamento das súas nóminas. Dende o ano 2016, a Administración local acumulou unha débeda co traballador que supón máis de 20.000 € recoñecidos en sentenza xudicial.

O Concello de Muros fai caso omiso das sentenzas condenatorias que recibe e continúa comentendo as mesmas fraudes demandados con anterioridade. A corporación municipal non parece ter moito interese polos traballadores e traballadoras do Concello nin polos servizos públicos que se realizan dende o mesmo. A falta de responsabilidade da corporación local permite manter unhas condicións económicas que non se axustan á realidade das tarefas encomendadas aos traballadores e traballadoras do consistorio.

Dende a CNT continuaremos demandando e reclamando os dereitos dos traballadores e traballadoras públicos.

Call Now ButtonChámanos