Comunicado da Sección Sindical da CNT no Consorcio de IeB da Xunta

Levamos pouco máis dunha semana de protestas e desde o comité de folga da CNT estamos a ver como a intranquilidade das traballadoras e das familias vai en aumento. Todos os días chegan cartas de apoio nas que, comprendendo a nosa situación, piden que abran os centros. Hoxe mesmo unha nai de Sada nos facía chegar a súa preocupación ante a imposibilidade de deixar a súa nena na escola.

Seguir lendo Comunicado da Sección Sindical da CNT no Consorcio de IeB da Xunta

Manifesto das traballadoras das Galiñas Azuis, centros de día, residencias e demais servizos do Consorcio de IeB da Xunta

As mulleres do Consorcio vémonos obrigadas a seguir adiante cunha folga durísima, que convocamos en xullo, e coa que queda en evidencia a absoluta indiferenza que mostran ante esta situación os seus responsables: Sr. Rueda, Presidente da Xunta de Galicia, Sra. Fabiola García, Conselleira de Política Social, Sr. Barreiro, Director Xeral de Función Pública e Sr. Perfecto, Xerente do Consorcio Galego de servizos de Igualdade e Benestar.

Seguir lendo Manifesto das traballadoras das Galiñas Azuis, centros de día, residencias e demais servizos do Consorcio de IeB da Xunta

Comunicado do Comité de folga sobre as declaracións da Conselleira de Política Social sobre a convocatoria de folga no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A información sobre a convocatoria de folga e as reunións de negociación é falsa. En ningún momento a Conselleira de Política Social, nin a Consellería de Facenda nin o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños nin a Dirección Xeral de Función Pública, contestaron ás peticións de reunión dos convocantes da folga, nin contestaron á propia convocatoria de folga nin, moito menos, iniciaron unhas negociacións tendentes ao recoñecemento das reivindicacións dos convocantes e á desconvocatoria da folga.

Seguir lendo Comunicado do Comité de folga sobre as declaracións da Conselleira de Política Social sobre a convocatoria de folga no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Galiñas azuis, centros de día e persoal de coidado de persoas maiores e dependentes convocan unha folga que se estenderá de setembro a decembro

Os e as traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar anuncian un inicio de curso complicado para as familias usuarias dos servizos de coidados xestionados pola Xunta. Dende a Sección Sindical da CNT no Consorcio sinalan a Perfecto Rodríguez Muíños, xerente do servizo, como máximo responsable de desbloquear unha situación que afecta a máis de 1.500 prazas e a máis de 15.000 familias.

Seguir lendo Galiñas azuis, centros de día e persoal de coidado de persoas maiores e dependentes convocan unha folga que se estenderá de setembro a decembro

Unha nova xornada de protestas da Sección Sindical da CNT do Consorcio de Igualdade e Benestar

Os e as traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar estaban, hoxe xoves día 2, convocados a unha folga e a varias concentracións que se prolongaron durante toda a mañá. Ás 11 estaban berrando as súas consignas diante do Consorcio, despois unha caravana de coches achegouse a San Caetano. Unha vez alí organizouse unha concentración diante das portas da Xunta.

Seguir lendo Unha nova xornada de protestas da Sección Sindical da CNT do Consorcio de Igualdade e Benestar

“Accidentada” reunión informativa sobre a estabilización en San Caetano

Este martes 24 de maio programouse en San Caetano (Compostela) unha charla informativa sobre estabilización na Xunta de Galicia. A xornada iniciouse coa sorprendente negativa de abrir o salón de actos previsto para a charla. Tras varias xestións e tras descubrir que este veto á información proviña de Función Pública, os máis de 60 asistentes desprazáronse ata o hall de Presidencia do edificio administrativo para facer alí mesmo a charla.

Seguir lendo “Accidentada” reunión informativa sobre a estabilización en San Caetano

A Sección Sindical do Consorcio de IeB da CNT recibe a Rueda no congreso do PP

Co obxectivo de incrementar a presión no conflito que xa se prolonga por máis de dous anos, a Sección Sindical da CNT no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, realizou un escrache no congreso do PP de Galicia. As traballadoras recibiron ao Alfonso Rueda, que foi elixido como presidente nunha elección dunha única candidatura. no acto de elección no que se elexía, cunha única candidatura, o presidente Alfonso Rueda.

Seguir lendo A Sección Sindical do Consorcio de IeB da CNT recibe a Rueda no congreso do PP

A Sección Sindical da CNT no Consorcio de I e B intensifica as protestas cunha xornada de folga o xoves 2 de xuño

Tras máis de dous anos de protestas o persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar intensifica as súas accións reivindicativas coa convocatoria dunha nova xornada de folga para o xoves 2 de xuño, que afectará a todas as Galiñas Azuis, centros de día e residencias de maiores xestionados polo Consorcio.

Seguir lendo A Sección Sindical da CNT no Consorcio de I e B intensifica as protestas cunha xornada de folga o xoves 2 de xuño

O 3 de maio vamos á FOLGA! Aínda estamos a tempo! Mobilízate polo teu posto de traballo!

Dende a sección da CNT no Consorcio Galego de IeB sabemos que se presionamos un pouco máis podemos conseguir paralizar esta tolería. Chegou o momento de berrar á Función Pública e aos sindicatos da mesa que nós, o persoal temporal en fraude e máis precarizado da administración, merecemos conservar os nosos postos de traballo.

Seguir lendo O 3 de maio vamos á FOLGA! Aínda estamos a tempo! Mobilízate polo teu posto de traballo!

A Xunta ten dous meses para cumprir a sentenza pola que o Tribunal Supremo recoñecía o dereito á carreira profesional a todo o persoal, fixo ou temporal

Agora a Xunta debe cumprir a sentenza nun prazo de dous meses. Entendemos que cumprir a sentenza non seus termos implica abrir de oficio un novo procedemento para que o persoal acredite cumprir os requisitos para acceder ao grao I da carreira profesional e retrotraer os seus efectos económicos á data de 1 de xaneiro de 2019.

Seguir lendo A Xunta ten dous meses para cumprir a sentenza pola que o Tribunal Supremo recoñecía o dereito á carreira profesional a todo o persoal, fixo ou temporal

Continúan as accións do persoal do Consorcio galego de IeB

Actualmente, o persoal contratado en fraude durante máis de 14 anos, está a vivir un momento crítico, no que a Administración Xeral do Estado pretende regular a temporalidade sen sanción para os responsables (todas as administracións), nin resarcir as víctimas da fraude (os e as traballadoras).

Seguir lendo Continúan as accións do persoal do Consorcio galego de IeB
Defende os teus dereitos

Concentración do Consorcio o 2 de abril en Compostela

De novo convocamos ás traballadoras do Consorcio a unha concentración de protesta o día 2 de abril na praza “8 de Marzo”, en Compostela ás 12:00.
Sairemos de novo á rúa para esixir os nosos dereitos e porque temos comprobado que é a única linguaxe que entenden. Recordade traer as vosas camisetas e as vosas tarteiras para que os nosos berros se escoiten ben forte!

Seguir lendo Concentración do Consorcio o 2 de abril en Compostela

A CNT consegue que a xerencia do Consorcio de IeB acceda á negociación

Tras un mes solicitando as actas das reunións para continuar coas negociacións, onte, a xerencia do Consorcio accedeu retomar as conversas. A Sección sindical do Consorcio de IeB conseguiu retomar a vontade de conversar tras 4 horas de megafonía nos servizos centrais do Consorcio.

Seguir lendo A CNT consegue que a xerencia do Consorcio de IeB acceda á negociación
Call Now ButtonChámanos