Reincorporación ao traballo na Xunta de Galicia

A reincorporación do persoal da Xunta de Galicia aos seus postos de traballo debe levarse a cabo de maneira segura e garantir en todo momento que se poda desenvolver o traballo con estrito respecto pola súa saúde e seguridade laboral.

Seguir lendo Reincorporación ao traballo na Xunta de Galicia

PAREMOS A TEMPORALIDADE PÚBLICA

As traballadoras e traballadores do sector público non son alleos aos problemas de temporalidade que arrastra a clase traballadora en todo o Estado español. Durante esta Emerxencia Sanitaria puidemos comprobar, unha vez máis, como a clase traballadora era utilizada para facer fronte a unha pandemia e refugada posteriormente como mera mercancía. Os contratos temporais a través dunha obra e servizo, eventuais, fixos descontinuos, indefinidos non fixos… son unha constante na maior parte dos ámbitos da Administración Pública. Unha inseguridade laboral que xera deficiencias no desenvolvemento dos traballos e problemas económicos, sociais e de saúde sobre a clase traballadora que os soporta.

Seguir lendo PAREMOS A TEMPORALIDADE PÚBLICA
Consrocio Galego

As residencias públicas soportan o ballón: O exemplo do Consorcio Galego

A Emerxencia Sanitaria xerada polo Covid-19 si que entende de territorios, sectores e capacidade organizativa. Desta forma, durante esta crise o sector da poboación golpeado máis duramente foi a de maior idade, especialmente aqueles dependentes que viven ou vivían en centros residenciais. A sección sindical da CNT Galiza no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar preparou o seguinte informe cos datos comparados entre os servizos públicos e privados da comunidade.

Seguir lendo As residencias públicas soportan o ballón: O exemplo do Consorcio Galego

A panadería-pastelería LUGRA terá que enfrontarse ás demandas da CNT

A CNT demanda á empresa ourensá Eoulugra SL pola falta de pagamento das cantidades debidas a unha traballadora afiliada ao sindicato.

Ademais dos salarios pendentes desde o mes de febreiro e as horas extras, a categoría da nosa compañeira era inferior á actividade que viña realizando e o salario base era inferior ao estipulado no Convenio Colectivo de aplicación.

Seguir lendo A panadería-pastelería LUGRA terá que enfrontarse ás demandas da CNT

A CNT demanda a Cativos Educación e Deporte por despedimento

A CNT presenta unha demanda fronte á empresa Cativos Educación e Deporte S.L. polo despedimento nulo do traballador

A empresa aproveitou este momento de Emerxencia para realizar varios despedimentos no persoal que lle resultaba “incómodo”

O despedimento leva asociada, ademais, unha indemnización superior aos 6.500 € para o traballador da empresa

Seguir lendo A CNT demanda a Cativos Educación e Deporte por despedimento

CONTINÚAN OS RECORTES DE DEREITOS FUNDAMENTAIS

Agora elimínase o dereito á tutela efectiva dos tribunais para a clase traballadora. O Consello Xeral do Poder Xudicial acaba de anunciar unha batería de medidas que pretenden “evitar un colapso da Administración de Xustiza tras o fin do estado de alarma declarado co motivo da pandemia do coronavirus”.

Seguir lendo CONTINÚAN OS RECORTES DE DEREITOS FUNDAMENTAIS

APOIO ÁS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS: CONDONACIÓN DO SEGURO SOCIAL

O Estado español permitiu a realización de polo menos 200.000 ERTEs, afectando a máis de 1,5 millóns de persoas, e sen ter en conta se esas empresas obteñen beneficios desorbitados, esqueceu a todas aquelas persoas que traballan por conta propia sen ter contratadas a terceiras. É dicir, o 80% do total de traballadores e traballadoras autónomas.

Seguir lendo APOIO ÁS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS: CONDONACIÓN DO SEGURO SOCIAL

O GES de Castro Caldelas traballa sen Equipos de Protección Individuais

A CNT denuncia a falta de material de prevención para os traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Castro Caldelas

Os labores de desinfección prodúcense en lugares públicos ou incluso en residencias sen dispoñer das medidas preventivas adecuadas

Algún dos traballadores atópase en illamento tras dar positivo por COVID19 despois de realizar tarefas de desinfección sen as proteccións necesarias

Seguir lendo O GES de Castro Caldelas traballa sen Equipos de Protección Individuais

A CNT exixe ao Goberno que tome medidas de protección e soporte para as traballadoras e os traballadores

O sindicato pide en 15 puntos a paralización de toda a actividade produtiva non esencial onde non sexa posible o teletraballo, reforzar os sectores imprescindibles, así como medidas sociales para o cuidado.

Seguir lendo A CNT exixe ao Goberno que tome medidas de protección e soporte para as traballadoras e os traballadores

CNT reclama á Subdelegación do Goberno de Coruña que se cumpran os protocolos no traslado de pacientes

A CNT, despois de presentar en xaneiro unha denuncia ante a fiscalía por temas de seguridade e saúde para os traballadores de ambulancias, volta a reclamar o cumprimento dos protocolos

Nalgúns casos, a situación implica un risco alarmante ao “levar até 7 pacientes xuntos na ambulancia”

A empresa pon en perigo aos traballadores, os pacientes e o resto dos habitantes que poderían verse afectados por un contaxio masivo de COVID19

Seguir lendo CNT reclama á Subdelegación do Goberno de Coruña que se cumpran os protocolos no traslado de pacientes

Comunicado fronte ás medidas do Goberno ante a crise de COVID-19

CNT reclama a defensa dos traballadores despedidos, tanto en EREs encubertos, por ser eventuais, falsos autónomos e outras circunstancias.

Esixe que se asegure a protección das persoas traballadoras en saúde laboral, evitando expoñerse a traballos non indispensables, obrigando ao teletraballo cando sexa posible e facendo real a conciliación dos coidados coa continuidade dos postos de traballo.

Seguir lendo Comunicado fronte ás medidas do Goberno ante a crise de COVID-19

A CNT denuncia a inseguridade dos GES de Castro Caldelas fronte ao COVID-19

A situación dos traballadores e traballadoras fronte á emerxencia do COVID-19 é de total indefensión

O Concello de Castro Caldelas non facilita ningún tipo de Equipo de Protección Individual (EPI) poñendo en risco aos empregados públicos e aos propios cidadáns

A CNT demanda á Subdelegación do Goberno en Ourense e á Inspeción de Traballo que tomen medidas urxentes nesta situación de emerxencia

Seguir lendo A CNT denuncia a inseguridade dos GES de Castro Caldelas fronte ao COVID-19
Call Now ButtonChámanos