A CNT presenta unha demanda para mellorar os horarios do SEIS que o Concello modificou unilateralmente

A Concelleira de Persoal, Carme Fouces, que a pasada semana insultara aos Bombeiros de Pontevedra por ter solicitadas medidas de conciliación efectiva, enfróntase agora á demanda que a CNT interpuxo contra o Concello de Pontevedra pola modificación unilateral dos horarios do persoal do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.

Seguir lendo A CNT presenta unha demanda para mellorar os horarios do SEIS que o Concello modificou unilateralmente

Os bombeiros de Pontevedra responden á Concelleira de Persoal por chamalos “machirulos”

A Sección Sindical da CNT do Concello de Pontevedra lanza unha campaña de repulsa polas desafortunadas declaracións públicas de Carme Fouces, Concelleira de Persoal. Ante as reclamacións do Corpo de bombeiros de que se respecten os seus dereitos en materia de conciliación a Concelleira declarou que son uns “machirulos” e incluso afirmou, ante a solicitude do permiso de lactación, que a ver se eles ían a dar a teta.

Seguir lendo Os bombeiros de Pontevedra responden á Concelleira de Persoal por chamalos “machirulos”

O Concello de Pontevedra impide o exercicio da actividade sindical

A Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura do Concello de Pontevedra, María del Carmen Fouces Díaz, pretende impedir a liberdade sindical

Dende o Concello non se dá resposta ás demandas de documentación en materia de Prevención de Riscos realizadas polo delegado da sección sindical

Seguir lendo O Concello de Pontevedra impide o exercicio da actividade sindical
Call Now ButtonChámanos