GES Castro Caldelas

A CNT denuncia o uso indiscriminado do GES de Castro Caldelas pola parte do Concello

  • O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) é utilizado polo Concello para realizar tarefas que non son a súa responsabilidade
  • O Concello de Castro Caldelas aproveita un servizo subvencionado pola Xunta de Galiza para traballos fora do ámbito do Convenio
  • Realizar a mudanza e transportar pedra da casa do cura, disfrazarse de reis magos ou dirixir e organizar o tráfico son algúns dos encargos do Concello que están fora do Convenio de colaboración

O Concello de Castro Caldelas utiliza aos traballadores e traballadoras do GES para todo tipo de actividades, eventos, arreglos e transporte do propio Concello e dos seus políticos. As tarefas ordenadas pola Alcaldesa- Presidenta veñen recollidas na demanda presentada pola CNT e van dende a “análise da agua” do Concello, pasando pola “busca de castañas“, até “pegar carteis da feira“. Unha serie de actividades que corresponde a outro ámbito dentro da corporación municipal e que o seu desenvolvemento por parte do GES colisiona coa idea dun servizo de emerxencias eficiente e eficaz. O uso abusivo do servizo “implica un grave risco para a seguridade no caso de emerxencia, xa que o servizo destinado a tal fin atópase realizando labores distintas ás que lle corresponden en lugares alonxados da base“.

A pesar de que do Convenio de colaboración asinado entre a Xunta e os Concellos enténdese que as tarefas dos traballadores e traballadoras dos GES son as propias dun “servicio de emergencias, que actúan en materia de prevención y defensa fronte a cualquier tipo de urgencia que pudiera surgir en su ámbito de actuación“, a Alcaldesa- Presidenta utiliza aos traballadores do GES para todo tipo de ncecesidades do Concello que non se inclúen no ámbito das emerxencias. Desta maneira, o GES vese penalizado sen poder atender as súas demandas principais no tempo o forma para o que foi creado. O uso abusivo pola parte do Concello dos traballadores e traballadoras, xera unha carga de traballo extra e reduce o persoal público que debería ser contratado polo Concello para contar cuns servizos públicos de calidade. Os habitantes de Castro Caldelas e o entorno de actuación do GES ven, por tanto, como se limitan as respostas as súas necesidades.

Call Now ButtonChámanos