Concello Pereiro de Aguiar

A CNT consegue a fixeza do GES do Pereiro de Aguiar

  • Os 10 traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Pereiro de Aguiar conseguen a fixeza dos seus postos de traballo
  • O Concello é condenado ao realizar unha contratación de forma fraudulenta ao tratarse de postos estruturais e permanentes
  • A CNT continúa o camiño comenzado fai uns anos co obxectivo de dotar aos traballadores e traballadoras de postos estables e coas garantías suficientes para o desenvolvemento das súas vidas

Unha nova sentenza recoñece a relación laboral dos traballadores e traballadoras do GES do Pereiro de Aguiar. O proceso selectivo superado polos afiliados e afiliadas determina que a relación laboral tería sido indefinida dende o primeiro contrato e, por tanto, fixa dado que se trata dun organismo público. O xulgado do social de Ourense determina que “a actividade desenvolvida polos actores como GES, constitúe unha actividade estrutural e permanente do Concello demandado”. Neste caso, os traballadores e traballadoras veñen realizando as tarefas correspondentes dende 2014. O texto fixa, ademais, a relación de fixeza e non de indefinición pola parte dos traballadores.

Esta nova sentenza volta a ser un novo varapao para a Administración Pública que non cumpre cos seus propios acordos e lexislación. A CNT entende que os servizos públicos, como os realizados polo Grupo de Emerxencias Supramunicipais, deben estar asegurados e os traballadores, dispoñer da contratación axeitada para o correcto desenvolvemento das tarefas asignadas. Soamente deste xeito os cidadáns dos Concellos poderán ter asegurados uns servizos públicos adecuados.

Call Now ButtonChámanos