A CNT ao respecto da sentenza do TXUE e o persoal en fraude de lei

A sentencia do TXUE no asunto dos traballadores públicos reafirma o análise e desenvolvemento da CNT. A sentenza non modifica a situación do persoal público contratado en fraude de lei de forma direta. Con todo, as súas indicacións sobre as medidas idóneas a adoptar poderán supor unha elevación da indemnización (despedimento improcedente) e unha probable tendencia á equiparación do persoal en fraude con contrato administrativo ao persoal laboral.

Seguir lendo A CNT ao respecto da sentenza do TXUE e o persoal en fraude de lei

A CNT denuncia a inseguridade dos GES de Castro Caldelas fronte ao COVID-19

A situación dos traballadores e traballadoras fronte á emerxencia do COVID-19 é de total indefensión

O Concello de Castro Caldelas non facilita ningún tipo de Equipo de Protección Individual (EPI) poñendo en risco aos empregados públicos e aos propios cidadáns

A CNT demanda á Subdelegación do Goberno en Ourense e á Inspeción de Traballo que tomen medidas urxentes nesta situación de emerxencia

Seguir lendo A CNT denuncia a inseguridade dos GES de Castro Caldelas fronte ao COVID-19
GES Castro Caldelas

A CNT denuncia o uso indiscriminado do GES de Castro Caldelas pola parte do Concello

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) é utilizado polo Concello para realizar tarefas que non son a súa responsabilidade

O Concello de Castro Caldelas aproveita un servizo subvencionado pola Xunta de Galiza para traballos fora do ámbito do Convenio

Realizar la mudanza e transportar piedra da casa do cura, disfrazarse de reis magos ou dirigir e organizar o tráfico son algúns dos encargos do Concello que están fora do Convenio de colaboración

Seguir lendo A CNT denuncia o uso indiscriminado do GES de Castro Caldelas pola parte do Concello

A CNT ante o covid19 e o teletraballo

Desde a sección sindical de CNT solítase á Xunta de Galicia a ampliación das xornadas de teletraballo do persoal público seguindo as recomendacións difundidas polos organismos competentes na xestión da efermidade do conronavirus COVID19, así como, a posta en marcha de todas as medidas complementarias de caracter preventivo para o persoal actuais e futuras.

Seguir lendo A CNT ante o covid19 e o teletraballo

A CNT consegue unha nova fixeza para o GES de Avión

O Concello de Avión é obrigado ao cambio de relación laboral cos traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) que deberán pasar a ser fixos.

Unha nova sentenza que segue demostrando a fraude na contratación pública destes empregados do sector de emerxencias.

A CNT consegue unha nova vitoria para asegurar uns servizos públicos de calidade grazas á estabilidade na contratación dos traballadores e traballadoras.

Seguir lendo A CNT consegue unha nova fixeza para o GES de Avión
Axencia de Turismo de Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da a razón a CNT fronte á Axencia de Turismo de Galicia

A traballadora foi rexeitada dun chamamento por listas debido ás reclamacións previas presentadas contra a Axencia

A CNT reclamaba a nulidade do despedimento pola violación dos dereitos fundamentais dos traballadores pola parte da empresa

O Tribunal Superior de Galicia corrixe deste xeito a sentencia ditada polo Xulgado nº3 de Santiago de Compostela

Seguir lendo O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da a razón a CNT fronte á Axencia de Turismo de Galicia
GES Lobios

A CNT gaña a demanda fronte ao Concello de Lobios, que deberá facer fixos aos traballadores do GES

Tras a demanda presentada o 25 de novembro, unha nova sentenza volta a dar a razón á CNT

Os traballadores e traballadoras do GES de Lobios se encontraban contratados en fraude de lei

A CNT continúa o seu traballo para conseguir postos de calidade que aseguren o mellor desenvolvemento posible dos servizos públicos

Seguir lendo A CNT gaña a demanda fronte ao Concello de Lobios, que deberá facer fixos aos traballadores do GES
Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

1F: Asemblea sobre a fixeza para o persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

O próximo día 1 de febreiro terá lugar unha asemblea informativa para todos os traballadores e traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

Á reunión acudirá o gabinete sindical da CNT e a letrada Rita Giráldez para informar das reclamacións de fixeza para o persoal do Consorcio IeB

Seguir lendo 1F: Asemblea sobre a fixeza para o persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Concello Pereiro de Aguiar

A CNT consegue a fixeza do GES do Pereiro de Aguiar

Os 10 traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Pereiro de Aguiar conseguen a fixeza dos seus postos de traballo

O Concello é condenado ao realizar unha contratación de forma fraudulenta ao tratarse de postos estruturais e permanentes

A CNT continúa o camiño comenzado fai uns anos co obxectivo de dotar aos traballadores e traballadoras de postos estables e coas garantías suficientes para o desenvolvemento das súas vidas

Seguir lendo A CNT consegue a fixeza do GES do Pereiro de Aguiar
Concello Becerreá

O Grupo de Emerxencias Supraminicipal de Becerreá demanda a fixeza dos seus postos de traballo

A CNT demanda o recoñecemento dos traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de Becerreá como persoal laboral fixo.

Os contratos de carácter temporal realizados polo Concello están en fraude de lei.

Os servizos públicos dos traballadores do GES non poden estar suxeitos a contratos eventuais.

Seguir lendo O Grupo de Emerxencias Supraminicipal de Becerreá demanda a fixeza dos seus postos de traballo
Concello de Brión

A CNT impugna a relación de postos de traballo do Concello de Brión

O sindicato interpuxo un recurso contencioso-administrativo contra o acordado no Pleno municipal do Concello de Brión o 31 de xullo de 2019.

A CNT considera esta relación de postos de traballo (RPT) afastada da realidade das necesidades dos servizos públicos do Concello.

Seguir lendo A CNT impugna a relación de postos de traballo do Concello de Brión
GES Avión

O Concello de Avión terá que facer frente ás reclamacións de fixeza do GES

Na mesma liña que outros Concellos galegos, os traballadores do GES de Avión pedirán a fixeza dos seus contratos.

Os procesos de selección superados e as tarefas desenvolvidas non poden ser realizadas con contratos de carácter temporal.

Dende o sindicato CNT reclámase a regularización desta situación para a obtención duns servizos públicos de calidade para o Concello.

Seguir lendo O Concello de Avión terá que facer frente ás reclamacións de fixeza do GES

A CNT denuncia as condicións de traballo en Eulen Servicios Auxiliares na Cidade da Cultura

A CNT reclama graves incumprimentos en materia de xornada e de conciliación da vida familiar e laboral

Os incumprimentos da normativa de prevención de riscos son tamén circunstancias habituais

A Fundación asume as reivindicacións e comprométese a subsanar as deficiencias pola parte da empresa e a facer cumprir a lexislación laboral

Seguir lendo A CNT denuncia as condicións de traballo en Eulen Servicios Auxiliares na Cidade da Cultura
GES Muiños

CNT consigue a fixeza dos traballadores do GES de Muiños

En sendas sentencias estimatorias, o Concello de Muiños é obrigado ao recoñecemento da fixeza na contratación dos traballadores

9 empleados públicos disporán dos contratos que merecen para desenvolver as súas tarefas coa seguridade laboral correspondete

A CNT continuará demandando e buscando a contratación fixa dos empleados públicos para uns servizos de máxima calidade para a cidadanía.

Seguir lendo CNT consigue a fixeza dos traballadores do GES de Muiños
GES LOBIOS

O GES de Lobios demanda a fixeza dos seus contratos

A CNT demanda o recoñecemento dos traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de Lobios como persoal laboral fixo.

O GES constituíuse en 2013 tras superar o persoal un proceso de concurso-oposición e están vinculados desde entón ao Concello de Lobios como persoal laboral temporal.

O Concello realiza contratos por obra en fraude de lei.

Seguir lendo O GES de Lobios demanda a fixeza dos seus contratos
GES A Pontenova

O GES de A Pontenova reclama a fixeza dos seus postos de traballo

Os traballadores do GES de A Pontenova reclaman a fixeza dos seus contratos como empregados públicos do Concello.

Os procesos de selección superados e as tarefas desenvolvidas non poden ser realizadas con contratos de carácter temporal.

A CNT reclama a regularización da relación laboral para protexer os servizos públicos do Concello.

Seguir lendo O GES de A Pontenova reclama a fixeza dos seus postos de traballo
Call Now ButtonChámanos