GES Avión

O Concello de Avión terá que facer frente ás reclamacións de fixeza do GES

  • Na mesma liña que outros Concellos galegos, os traballadores do GES de Avión pedirán a fixeza dos seus contratos.
  • Os procesos de selección superados e as tarefas desenvolvidas non poden ser realizadas con contratos de carácter temporal.
  • Dende o sindicato CNT reclámase a regularización desta situación para a obtención duns servizos públicos de calidade para o Concello.

O convenio marco para a contratación dos distintos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) está elaborado na actualidade pola Xunta, Deputacións e FEGAMP. Os distintos Concellos de Galicia adhírense ao dito convenio para a contratación dos seus empregados públicos. Así mesmo, a estabilidade destes traballadores queda en entredicho e o correcto servizo público que desenvolven para os habitantes do Concello queda a todas veces resentido. Os traballadores atópanse “bastante intranquilos” e con unha situación de incerteza na que non teñen garantías da continuidade na súa base de traballo. Os Concellos de Galicia veñen desempeñando estratexias semellantes sen ofrecer a estes empregados públicos “nin a máis mínima explicación” sobre o seu futuro laboral. As administracións públicas fan caso omiso das reclamacións e reivindicacións dos traballadores e o servizo vese resentido.

A CNT considera que son os propios Concellos os que deben ter unha “mostra de responsabilidade co servizo de emerxencia e coa cidadanía” e pasar a contratar de forma fixa a estes traballadores. A labor imprescindible destes grupos non pode quedar

Por outra banda, o Concello de Avión incorre en graves irregularidades “non so ao realizar contratos eventuais para traballos de carácter permanente, senón que nin sequera conta cunha Relación de Postos de Traballo ao que adscribir ao seu persoal”.

A reclamación da fixeza do persoal do GES ten sido unha reclamación permanente da CNT desde que se creou este servizo, tendo conseguido unha sentenza pioneira neste sentido no Concello de A Guarda, histórica ao ter sido a primeira sentenza no estado Español que recoñece a fixeza dos traballadores temporais do sector público. Nos últimos meses a fixeza foi conseguida tamén por diferentes GES organizados na CNT.

Call Now ButtonChámanos