A CNT ante o covid19 e o teletraballo

Desde a sección sindical de CNT solítase á Xunta de Galicia a ampliación das xornadas de teletraballo do persoal público seguindo as recomendacións difundidas polos organismos competentes na xestión da efermidade do conronavirus COVID19, así como, a posta en marcha de todas as medidas complementarias de caracter preventivo para o persoal actuais e futuras.

Para estos efectos, anéxase un modelo de solicitude de ampliación do teletraballo para que o persoal que o desexe poida indicarlle á Xunta de Galicia a súa disposicón á ampliación con caracter temporal e extraordinario das súas xornadas de teletraballo semanais que teña concedidas actualmente.

Agardamos que a Xunta dea exemplo e atenda as solicitudes do seu persoal en relación a este tema e se aplique, aínda que sexa temporalmente, o sentido común a respecto do dereito ao teletraballo que ven sendo limitado sistemáticamente en moitos departamentos. 

Call Now ButtonChámanos