GES Muiños

CNT consigue a fixeza dos traballadores do GES de Muiños

  • En sendas sentencias estimatorias, o Concello de Muiños é obrigado ao recoñecemento da fixeza na contratación dos traballadores
  • 9 empleados públicos disporán dos contratos que merecen para desenvolver as súas tarefas coa seguridade laboral correspondete
  • A CNT continuará demandando e buscando a contratación fixa dos empleados públicos para uns servizos de máxima calidade para a cidadanía.

O Concello de Muiños deberá modificar a súa relación laboral cos traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e considerarlles como traballadores fixos despois das sentencias do Xulgado do Social de Ourense.

En dita sentencia “se ha acreditado que la contratación del actor fue en fraude de ley. Y ese fraude se produce desde el inicio de la contratación, ya que los demandantes prestan servicios de forma ininterrumpida y es contratada para obra o servicio determinado, siendo el grupo de emergencias un servicio que presta el Concello de forma continuada e inherente al mismo“. Así mesmo, “las plazas se convocaran para un puesto de forma temporal, cuando son plazas estructurales“.

Esta sentencia reafirma o traballo que dende a CNT vimos desenvolvendo para obter unha contratación adecuada aos postos de traballo e as responsabilidades dos empleados públicos.

Call Now ButtonChámanos