Axencia de Turismo de Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da a razón a CNT fronte á Axencia de Turismo de Galicia

  • A traballadora foi rexeitada dun chamamento por listas debido ás reclamacións previas presentadas contra a Axencia
  • A CNT reclamaba a nulidade do despedimento pola violación dos dereitos fundamentais dos traballadores pola parte da empresa
  • O Tribunal Superior de Galicia corrixe deste xeito a sentencia ditada polo Xulgado nº3 de Santiago de Compostela

A administración pública continúa recibindo sentencias en contra pola forma de contratación. Nesta ocasión, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia determina “que se acreditan os feitos o circunstancias, indicios, que poñen de manifesto que se deixou de contratar á actora polas reclamacións que esta efectuou”. O que implica que a Axencia de Turismo de Galicia atenta contra os dereitos fundamentais dos traballadores e das traballadoras aplicando unha política de non contratación contra todos aqueles que presenten algunha reclamación polas súas condicións de traballo. Esta sentencia deixa clara a actitude represiva da Función Pública Galega cos traballadores e traballadoras que tratan de reclamar o que lles corresponde por lei.

A sentencia declara que a demandada deberá reincorporar á traballadora no caso de que a praza aínda estivera dispoñible e abonar unha cantidade superior aos 6.000 € en concepto de “indemnización pola violación do dereito fundamental”. Dende o goberno autonómico seguen sen amosar a máis mínima preocupación pola situación de precariedade e temporalidade dos seus propios traballadores. A CNT continuará demandando todas as situacións contra os traballadores e as traballadores do sector público e privado.

Call Now ButtonChámanos