A CNT denuncia as condicións de traballo na empresa de axuda a domicilio IDADES S.L.

  • A empresa ten como práctica habitual a contratación das súas traballadoras en fraude de lei.
  • A CNT denuncia que a empresa nin sequera entrega nóminas e contratos ás súas traballadoras.
  • Ademais deste, prodúcense outros incumprimentos laborais en materia salarial e de xornada.

A CNT denuncias as prácticas fraudulentas na contratación por parte da empresa IDADES S.L. Entre outras prácticas fraudulentas habituais, a empresa realiza contratos falsos de interinidade por substitución (aínda cando non se substitúe a ningunha outra empregada) durante anos. Por este motivo o sindicato reclama o recoñecemento da indefinición das relacións laborais na empresa, cos beneficios que isto supón fronte á temporalidade e á precariedade que definen actualmente o sector.

Esta situación vese agravada polo cambio mensual das quendas de traballo. Así, as traballadoras non poden organizar as súas vida cuns ingresos recorrentes ao estar pendentes das modificacións da empresa todos os meses. Unha situación que provoca unha discontinuidade dos ingresos mensuais que non permiten ningún tipo de organización da vida cotiá. Únese a estas reclamacións o pago do salario inferior ao marcado polo Convenio Colectivo.

A CNT denuncia as precarias condicións de traballo que son habituais nun sector de tal importancia social como é o da axuda a domicilio, e pon o foco en que se trata dunha situación reversible mediante a unión das traballadoras do sector na denuncia destas pésimas condicións. Así, o sindicato chama a abandonar o silencio e dar pasos cara á organización dunha verdadeira alternativa sindical sen líderes e construida desde a base.

Call Now ButtonChámanos