Consrocio Galego

As residencias públicas soportan o ballón: O exemplo do Consorcio Galego

A Emerxencia Sanitaria xerada polo Covid-19 si que entende de territorios, sectores e capacidade organizativa. Desta forma, durante esta crise o sector da poboación golpeado máis duramente foi a de maior idade, especialmente aqueles dependentes que viven ou vivían en centros residenciais. A sección sindical da CNT Galiza no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar preparou o seguinte informe cos datos comparados entre os servizos públicos e privados da comunidade.

Dos 492 falecidos en Galicia (datos da páxina web da Xunta 23/04/2020), 226 eran usuarios de centros residenciais (45,9%). Das 6647 persoas infectadas, 910 son persoas maiores de centros residenciais (un 13,7%) e 360 son profesionais que pertencen a eses centros (un 5,4); se sumamos estes datos obtemos que un de cada cinco dos infectados de Galiza pertencen ao sector residencial (entre residentes e profesionais).

Con todo, estes datos así presentados non poden tomarse como unha regra xeral e aplicar da mesma maneira a todos os centros residenciais da Galiza. Así, a porcentaxe de contaxios ou falecementos varía de forma substancial cando analizamos e comparamos os datos entre grandes e pequenos centros ou entre centros públicos e privados. Se tomamos os datos oficiais con data do 24 de abril de 2020 ofrecidos pola Xunta, o persoal público presenta uns números de contaxios máis de 3 veces inferior aos números das residencias privadas. Os medios, a capacitación e a organización levada a cabo polas residencias de maiores públicas móstranse fundamentais á hora de previr o contaxio entre os profesionais.

Os datos referentes a falecementos en persoas maiores, con todo, non poden ser atopados dentro dos datos oficiais. Acudindo aos datos facilitados polo excelente traballo doutras organizacións e asociacións, podemos comprobar como, ata o 19/04/2020, as diferencias entre centros públicos e privados resultaban tamén moi elevadas. Así:

– O 1,7% dos maiores en prazas públicas infectáronse fronte o 4,5% en prazas privadas.

– O 0,09% dos maiores en prazas públicas faleceron fronte o 0,50% en prazas privadas.

Tendo en conta que case o 70% dos mortos no estado español se produciron en residencias de persoas maiores, e importante ter en conta como queremos confrontarnos, xa non a unha máis que posible segunda ondada do virus (anunciada con moita probabilidade para o outono), se non a calquera tipo de situación de Emerxencia e coidado dos nosos maiores. Estamos a ver coma a tanto a sanidade coma os servizos sociais externalizados polos Concellos a empresas privadas non están á altura en situacións onde o que non pode primar son os beneficios económicos. Pouco lles importa a saúde dos seus empregados ou clientes, pois para estas empresas son soamente un número ao que aplicar unha porcentaxe cada vez máis alto de retorno do capital invertido.

A Galiza non é diferente en canto á situación do seu persoal sociosanitario. Así, traballadores e traballadoras públicas do Consorcio Galego de Benestar e Saúde atópase na actualidade, e a pesar da eficacia mostrada estes días, nunha situación de temporalidade que non é excepcional dentro do ámbito da saúde. Estes profesionais ven coma as condicións temporais dos seus contratos varían mes a mes para que as empresas concesionarias maximicen deste xeito os seus beneficios segundo os usuarios do Centro de día. A pesar das grande diferencia existente no coidado e xestión dos Centros de día público fronte aos privados, a gran maioría do persoal do Consorcio atópase nunha situación de indefensión e temporalidade

Call Now ButtonChámanos