CNT, ante a crise xerada polo COVID-19 e as consecuencias do estado de alerta, continúa coa súa función de informar e defender os Dereitos Laborais. Por iso, lanzamos esta guía que recolle as principais accións que se están levando a cabo estes días e que afectan a miles e miles de traballadoras e traballadores no Estado español. Especialmente os ERTEs anunciados e por anunciar, así como todas as medidas que as empresas deben asegurar aos cadros de persoal canto á seguridade e saúde laboral.

Tamén incluímos as preguntas máis frecuentes entre os/as traballadores/as que xa se achegaron aos nosos sindicatos. Son aclaracións xerais da lei, os decretos e as medidas que vai tomando o Goberno, que serven para reaccionar e non deixarse atropelar por intentos de vulneración dos dereitos. Para axudar en casos concretos, tamén facilitamos un directorio cos contactos normais e especiais postos ao servizo da clase obreira por todos os compañeiros e compañeiras que facemos CNT.

Call Now ButtonChámanos