Comunicado da Sección Sindical da CNT no Consorcio de IeB da Xunta

Levamos pouco máis dunha semana de protestas e desde o comité de folga da CNT estamos a ver como a intranquilidade das traballadoras e das familias vai en aumento. Todos os días chegan cartas de apoio nas que, comprendendo a nosa situación, piden que abran os centros. Hoxe mesmo unha nai de Sada nos facía chegar a súa preocupación ante a imposibilidade de deixar a súa nena na escola.


O número de escolas infantís e centros de maiores que non poden abrir as súas portas ou que non poden traballar por falta de acceso a internet vai en aumento cada día, a escalada é imparable. Entendemos perfectamente a desesperación das traballadoras, que se xogan o seu sustento, e que se ven abocadas a unha folga cun 90% de servizos mínimos.

Tras máis dunha semana perseguindo aos cargos públicos para que alguén as escoite ninguén quere facerse responsable, sentirse invisible é a peor das leñas para un lume que non queren apagar. Lembramos que as traballadoras do Consorcio están deixando de cobrar os días de folga loitando pola xustiza e a dignidade. Aínda así pedimos calma ¿a quen lle pedimos calma?

Dende o comité pedimos tranquilidade, estamos seguras de que ninguén desexa esta situación e informamos de que acabamos de enviar un escrito a Alfonso Rueda e a Fabiola García para dialogar esta mesma semana, xa que o Xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, xa nos informou de que non ten competencias para arranxar nada.

Lembramos que a folga a convoca a CNT, e que a negociación para desconvocar debe ser con este sindicato, nada poden facer os sindicatos da Mesa Xeral. Na CNT non cremos no sindicalismo con liberados, cremos na capacidade das seccións sindicais, formadas exclusivamente por traballadoras , para decidir por si mesmas que é o mellor.


Dende o anarcosindicalismo non creemos nas eleccións sindicais, por iso non participamos en órganos como a Mesa Xeral, na que os sindicatos compran subvencións e vender traballadoras, e así se deben aos poderes políticos e non aos intereses dos traballadores e traballadoras.

Isto non nos impide negociar. Fabiola García, Jacobo Rey, Perfecto Muiños, Alfonso Rueda… para desconvocar a folga a única solución é falar coa Sección Sindical da CNT no Consorcio de IeB, nós convocamos, nós desconvocamos.

Moitas grazas pola atención e desculpen as molestias

Call Now ButtonChámanos