#AdiosFeijoo

Escrache na despedida de Feijoo

O Multiúsos Fontes do Sar acolleu onte a Xunta Directiva do PP de Galicia, onde Feijoo anunciaba a súa marcha, acompañado dos berros dos e das compañeiras do Consorcio IeB e de persoal temporal da Xunta. A comparecencia do líder dos populares galegos tivo como fondo berros como “feijoo escoita as temporais en loita”. 

Esta protesta fixo parte da estratexia de presión da CNT para lograr unha solución ao excepcional abuso de temporalidade que levan a cabo as administracións públicas. As traballadoras do Consorcio IEB amosaron unha pancarta denunciando o ERE de mulleres encuberto. 

O piquete, que estivo activo dende os preliminares ata ben entrado o acto, adicou berros como “presidente, ten o consorcio quente” ou un particular “canta y no llores”, adicando tamén parte do protagonismo ao presidenciable Rueda e aos responsables da situación no Consorcio, a Conselleira de Política social e o Xerente. 

Esta é a segunda ocasión na que a CNT intervén nun acto central do PP con Feijoo como principal protagonista, e a segunda ocasión na que ten que entrar pola porta de atrás para evitar atoparse coas traballadoras en fraude dende fai máis de 14 anos.

A pesares da climatoloxía, as obrigas laborais e familiares e o pouco tempo de reacción, as traballadoras asistiron coas súas cazolas e lemas habituais, dos que foron testemuña a afiliación convocada e o propio Xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez.

“Queremos rematar coa falta de respostas e solucións da Administración”

Call Now ButtonChámanos