Xornada de folga e accións do persoal do Consorcio Galego de IeB

  • Dende a sección da CNT no Consorcio considérase a xornada de folga de onte, día 3, como un rotundo éxito a pesares dos abusivos servizos mínimos impostos, cun seguimento dun 85%
  • Cabe destacar que a sección observa como estes servizos “mínimos” aumentan con cada folga que convoca a CNT, e que nesta ocasión achegaronse a un 60% do persoal


Nesta ocasión os obxectivos da presión foron a xerencia e os sindicatos, que están a decidir o futuro das traballadoras de costas a elas. Houbo dúas concentracións- cazoladas con preto dun centenar de traballadoras, ademais da manifestación a pe entre elas.

As concentracións realizáronse diante do edificio de servizos centrais do Consorcio e nas sedes dos sindicatos que negocian con función pública, sen ter en conta as traballadoras en fraude. Na concentración, diante das portas do Consorcio, vivíronse momentos de tensión cando a seguridade impediu que unha parte do comité de folga accedera ao edificio.

Despois de manter conversas, e grazas ao impulso e presión das traballadoras asistentes, deuse orde de deixalas pasar para falar con Perfecto Rodríguez. Na reunión, o xerente declarouse incompetente para decidir nada sobre o seu persoal. Nese momento xurdiu un novo berro entre as traballadoras “o noso xerente, é un incompetente”
 
Na concentración diante de cada unha das portas dos sindicatos que están a negociar con función pública as traballadoras berraron “o próximo parado, que sexa un liberado” e “neste sindicato, vendéronos baratos” aludindo aos máis de 10 anos que, os que se supuña que debían defender as traballadoras, dedicáronse a enganalas e instalas a non facer ningunha clase de acción organizada para a súa defensa.
    
Despois desta xornada agárdanse as respostas e valoraranse novas accións destinadas a aumentar a presión se é preciso.
 
FIXEZA XA!

Call Now ButtonChámanos