A CNT consegue que a xerencia do Consorcio de IeB acceda á negociación

  • A sección sindical do Consorcio IeB da CNT aumenta a presión para forzar a resolución do conflito.
  • Unha nova reunión para avanzar na resolución do conflito fixouse para a próxima semana.

Tras un mes solicitando as actas das reunións para continuar coas negociacións, onte, a xerencia do Consorcio accedeu retomar as conversas. A Sección sindical do Consorcio de IeB conseguiu retomar a vontade de conversar tras 4 horas de megafonía nos servizos centrais do Consorcio.


O interese por resolver o conflito dos e das traballadoras do Consorcio non é compartido pola xerencia, que precisou un aumento da presión para non pechar a porta ás conversas. Segundo afirma o delegado da sección sindical “Só reacciona cando se fai presión, polo cal seguiremos nesta liña de accións ata que se reinicien as negociacións en condicións e se constate a boa vontade”.


As escolas infantís da Galiña azul, centros de día, fogares residenciais e todos os centros de traballo da rede do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, incluíndo o persoal de servizos centrais, levan máis de un ano tratando de regularizar a situación de todas as traballadoras temporais en fraude de lei e abuso de temporalidade independentemente da forma de acceso ao seu posto (oposición, listas, subrogación, …)


As mobilizacións do persoal do Consorcio teñen o seu desencadeamento na convocatoria en decembro do 2020 dunha OPE inxusta. Convocáronse prazas que levaban anos ocupadas polas traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade, convertendo aos traballadores e traballadoras nas vítimas da mala xestión e dos incumprimentos da Xunta e do Consorcio.

Call Now ButtonChámanos