A Sección Sindical da CNT no Consorcio de I e B intensifica as protestas cunha xornada de folga o xoves 2 de xuño

  • Ás 11:00h do xoves día 2 hai convocada unha concentración no Consorcio.
  • Sobre as 12:00h sairá unha caravana de coches dende o Consorcio ata San Caetano que rematará cunha concentración na porta de Presidencia.

Tras máis de dous anos de protestas o persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar intensifica as súas accións reivindicativas coa convocatoria dunha nova xornada de folga para o xoves 2 de xuño, que afectará a todas as Galiñas Azuis, centros de día e residencias de maiores xestionados polo Consorcio.


Ademais o domingo 22 de maio convocan unha protesta ante o 18º Congreso Autonómico do PP, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra, e no que darán a benvida ao Presidente Rueda a golpe de cazolada, para que coñeza de primeira man a situación deste persoal claramente feminizado.


Dende a Sección Sindical declaran que levan anos nunha situación de irregularidade e que e que o concurso-oposición que propoñen dende a administración e os sindicatos maioritarios non dá garantías de estabilización a este colectivo. Dende a CNT solicitan que se estabilicen os traballadores, non as prazas.


O persoal do Consorcio é un dos máis vulnerables de entre os temporais, polas características especiais das afectadas e polas características na creación do servizo, que lles impediu o acceso á formación da Xunta que puntúa no concurso, ofrecéndolles unha formación que agora non puntúa.

Tras a folga do pasado 3 de maio, que tivo un seguimento dun 85% do persoal, as traballadoras decidiron intensificar as súas protestas, e comunican que se non as escoitan continuarán as folgas e as protestas, porque non teñen nada que perder, xa que dende a mesa néganse a ter en conta as súas reivindicacións.

Call Now ButtonChámanos