O 3 de maio vamos á FOLGA! Aínda estamos a tempo! Mobilízate polo teu posto de traballo!

  • Este martes 3 mobilízate! Ás 11:00 cacerolada no Consorcio e ás 12:00 nos Sindicatos!

Dende a sección da CNT no Consorcio Galego de IeB sabemos que se presionamos un pouco máis podemos conseguir paralizar esta tolería. Chegou o momento de berrar á Función Pública e aos sindicatos da mesa que nós, o persoal temporal en fraude e máis precarizado da administración, merecemos conservar os nosos postos de traballo. 

As mobilizacións que vimos realizando dende fai dous anos deron os seus froitos, as nosas prazas xa non van a un concurso de oposición libre, isto conseguiuse grazas ás mobilizacións e as folgas, temos que dar un paso máis!! 

Nós, os e as traballadoras do Consorcio de IeB, reivindicamos a nosa estabilidade. Se non nos escoitan berraremos máis forte, deben saber que con nós non se xoga. Podemos e debemos defender os nosos dereitos porque aínda estamos a tempo de virar esta situación. 

Difunde a folga, descarga o boletín e o cartel da folga, cola no teu centro de traballo, comparte nas redes, fala coas compañeiras. O día 3 de maio PARAMOS!

Call Now ButtonChámanos