Ao respecto da sentenza do Contencioso Administrativo nº4 de Alicante

A sentenza do contencioso de Alicante reafirma o punto de vista da CNT sobre a fixeza na administración, cunha análise que basea a súa fundamentación na superación dun proceso selectivo e na interpretación de normas estatais e autonómicas, e no sentido de que non existe a posibilidade de adquirir a fixeza de maneira automática nin como consecuencia da simple existencia do fraude na contratación

Seguir lendo Ao respecto da sentenza do Contencioso Administrativo nº4 de Alicante

Reincorporación ao traballo na Xunta de Galicia

A reincorporación do persoal da Xunta de Galicia aos seus postos de traballo debe levarse a cabo de maneira segura e garantir en todo momento que se poda desenvolver o traballo con estrito respecto pola súa saúde e seguridade laboral.

Seguir lendo Reincorporación ao traballo na Xunta de Galicia

CELÉBRANSE OS CONFLITOS COLECTIVOS POLA FIXEZA NO CONSORCIO GALEGO DE IeB

Tras a celebración onte dos xuizos polos conflitos colectivos fronte á contratación en fraude de lei pola parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dende a CNT queremos facer un resumo do que supuxo unha nova traición de sindicatos como UXT e CCOO á clase traballadora.

Seguir lendo CELÉBRANSE OS CONFLITOS COLECTIVOS POLA FIXEZA NO CONSORCIO GALEGO DE IeB
Xunta

Interinización forzosa do persoal laboral temporal da Xunta de Galicia

  • Os procesos de funcionarización que se presentan como voluntarios serán obrigatorios e suporán a interinización e a perda de todos os dereitos ou o despedimento para o persoal laboral temporal
  • A previsión é iniciar este proceso antes de final de ano
  • CNT recomenda “NON aceptar” esta chantaxe

O despedimento masivo e a perda de calquera posibilidade de obter indemnizacións en caso de cese foi a solución que atoparon a Xunta e sindicatos para acabar coa elevadísima temporalidade que afecta aos traballadores a traballadoras públicas.

A disposición transitoria primeira bis da lei do Emprego Público de Galicia dispón que o persoal laboral que desempeñe postos de traballo de persoal funcionario verá modificada a súa relación laboal coa Xunta e seralle expedido “un nomeamento de natureza funcionarial interina”, que “suporá a novación da relación xurídica existente coa Administración, sen solución de continuidade na prestación dos servizos”.

Seguir lendo Interinización forzosa do persoal laboral temporal da Xunta de Galicia

Continúa o goteo de sentenzas polo dereito a consolidar na Xunta

  • Novo recoñecemento xudicial á consolidación de tramo 1
  • CNT critica a Xunta e sindicatos a respecto do proceso de consolidación

Unha nova sentenza xudicial ven de recoñecer o dereito á consolidación dun afiliado á CNT na Xunta de Galicia.

A sentenza declara o dereito desta persoa a estar encadrado no tramo 1 que se atopa regulado na disposición transitoria polo feito de ter unha antigüidade anterior a 1-7-1997.

Esta nova sentenza súmase ás xa moitas existentes relativas ao proceso de consolidación que recoñecen dereito de reserva de praza para este proceso a numeroso persoal que non pode ser cesado doutro xeito que non sexa coa aplicación de dito proceso de consolidación.

Seguir lendo Continúa o goteo de sentenzas polo dereito a consolidar na Xunta
Concentración TSXG 23 de maio

Celebrado xuízo pola equiparación na consolidación da Xunta

  • Concentración previa do persoal afectado ás portas do TSXG en A Coruña
  • Cambio de estratexia en CCOO e CUT, continúan desaparecidos UXT e CIG

Este xoves 23 de maio celebrouse no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en A Coruña a vista correspondente ao conflito colectivo pola consolidación que presentou CNT contra a Xunta de Galicia polos dereitos do persoal laboral temporal con antigüidade comprendida entre 1-7-1998 e 1-1-2005. Nesta reclamación colectiva reclámase que todo o persoal afectado polo proceso de consolidación comparta os mesmos dereitos independentemente da súa antigüidade.

Ao xuízo acudiu unha mostra do persoal afectado que realizou, de maneira previa, unha concentración ás portas do propio Tribunal baixo o lema “Polos dereitos do persoal temporal da Xunta de Galicia”, para a continuación asistir como público á vista.

Seguir lendo Celebrado xuízo pola equiparación na consolidación da Xunta
Xunta

CNT reclamará a carreira profesional na Xunta

A CNT reclamará xudicialmente o cobro desde o primeiro día de abril do complemento de carreira profesional por parte do persoal excluído do acceso ao grado.

A carreira profesional regulada no DOG de 26 de marzo de 2019 exclúe explicitamente a todo o persoal non funcionario do seu cobro.

Así, desde CNT anúnciase que centos de traballadores e traballadoras afectadas afiliadas ao sindicato interpoñerán demanda por discriminación contra a Xunta reclamando o cobro do novo complemento desde este mes de abril.

Seguir lendo CNT reclamará a carreira profesional na Xunta

Xunta

Aluvión de denuncias de CNT contra a Xunta

  • Decenas de laborais temporais reclaman a inclusión no proceso de Consolidación
  • CNT anuncia recurso no contencioso administrativo contra a OPE 2018
  • O persoal interino funcionario reclama a indefinición

CNT está a presentar ducias de demandas individuais contra a Xunta polo incumprimento do dereito a participar no proceso de Consolidación segundo o disposto na disposición transitoria décima do convenio.

As demandas correspóndense co persoal laboral temporal anterior a 2005 que, cumprindo o requisito de antigüidade, non ven recoñecido o dereito de consolidación por parte da administración da Xunta.

Segundo afirma CNT, «na maioría dos casos existentes o dereito está xa recoñecido por sentenza e doutrina xudicial» pero a Xunta de Galicia négase a acatar a xurisprudencia, o que “obriga” a presentar a correspondente demanda individual por cada unha das persoas afectadas.

Seguir lendo Aluvión de denuncias de CNT contra a Xunta

Xunta

CNT gaña xuízo á Xunta polo horario de verán

Demandarse á Xunta por mor da non aplicación do horario de verán a un traballador
A sentenza recoñece a modificación substancial das condicións de traballo
  • Demandárase á Xunta por mor da non aplicación do horario de verán de 2018 a un traballador
  • A sentenza recoñece a modificación substancial das condicións de traballo

 

A CNT ven de recoller un novo éxito na defensa dos dereitos do persoal da Xunta, esta vez ao demostrar a modificación substancial das condicións de traballo dun traballador da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que foi privado en 2018 da redución horaria que implica a aplicación da xornada de verán.

Os feitos denunciados remóntanse ao pasado xuño cando de maneira sorpresiva a Xunta, a través dos seus sindicatos, difundiu unha nota aclaratoria sobre a aplicación do horario de verán. A nota indicaba que o persoal con xornada reducida non desfrutaría da xornada de verán, incluíndo ao persoal suxeito a horarios especiais, persoal con redución de xornada e persoal a quendas.

Seguir lendo CNT gaña xuízo á Xunta polo horario de verán
Xunta

Charlas informativas sobre os procesos de Consolidación e Estabilización na Xunta

  • Martes 4 ás 10h en San Lázaro e ás 12h en San Caetano
  • Trataranse as novidades introducidas no borrador da OPE 2018

O vindeiro martes 4 a CNT organiza unhas charlas informativas respecto das novidades que se aveciñan na OPE 2018 para o persoal temporal da Xunta afectado polos procesos de consolidación e estabilización do emprego temporal na Xunta. Estes procesos afectan dunha ou doutra maneira a todo o persoal interino, e laboral temporal e indefinido que traballa na actualidade na Xunta.

As charlas serán este martes 4 de decembro ás 10h no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro e, o propio martes 4 ás 12h no salón de actos pequeno en San Caetano.

Seguir lendo Charlas informativas sobre os procesos de Consolidación e Estabilización na Xunta
Xunta

CNT presenta conflito colectivo contra a Xunta polo dereito de consolidación

  • A reclamación colectiva afecta á todo o persoal laboral laboral temporal con antigüidade comprendida entre 1-7-1998 e 1-1-2005
  • Reclámase que os dereitos do persoal encadrado no tramo 1 sexan de aplicación para o persoal do tramo 2 de consolidación

 

CNT vén de presentar conflito colectivo contra á Xunta de Galicia polos dereitos do persoal laboral temporal con antigüidade comprendida entre 1-7-1998 e 1-1-2005. Nesta reclamación colectiva reclámase que todo o persoal afectado polo proceso de consolidación comparta os mesmos dereitos independentemente da súa antigüidade.

O proceso de Consolidación, recollido no Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia e regulado no Acordo para a ordenación e mellora do emprego público no ámbito da Administración da Xunta de Galicia do 21 de abril de 2008 está dirixido ao persoal laboral temporal (por obra) e indefinido con antigüidade anterior a 1-1-2005. Está dividido en 2 tramos:

Seguir lendo CNT presenta conflito colectivo contra a Xunta polo dereito de consolidación
Xunta

CNT denuncia o horario de verán da Xunta

  • Cumprindo o anunciado días atrás a CNT ven de presentar demanda contra a Xunta por mor da  exclusión de persoal da aplicación do horario de verán
  • As denuncias presentadas, tanto no xulgado do social como no contencioso administrativo, pretenden garantir o dereito á aplicación do horario reducido de verán á persoal que viña desfrutando con normalidade del ata este ano, incluíndo ao persoal que exerce redución de xornada

A denuncia interponse tras a difusión dunha nota aclaratoria por parte da Xunta segundo a que o persoal con xornada reducida non desfrutará este ano da xornada de verán, así como o persoal suxeito a horarios especiais, persoal con redución de xornada e persoal a quendas.

Seguir lendo CNT denuncia o horario de verán da Xunta

Call Now ButtonChámanos