Manifestación estatal de persoal público temporal

15F: Tod@s a Madrid!!

  • Sábado 15 de febreiro ás 11:30h gran manifestación estatal do persoal público temporal en Madrid
  • Organízanse buses desde as cidades galegas

O vindeiro sábado 15 de febreiro todo o persoal público temporal está chamado a acudir á manifestación do colectivo en Madrid.
A manifestación sairá ás 11:30h de Cibeles percorrendo Alcalá, Gran Vía, e Callao para rematar en Sol.

O obxectivo da protesta é incrementar a visibilidade pública da difícil e olvidada situación do persoal público temporal.
Os milleiros de persoas que estamos traballando en fraude de lei nas administracións públicas temos un compromiso co servizo á cidadanía e somos unha parte importante da estrutura dos servizos públicos. E tras anos de interesado esquecemento, vemos como Administración e sindicalismo de concertación pactan agora procesos de regulación que poden supoñer o despedimento para milleiros de traballadores e traballadoras públicos.

Desde Galiza estánse organizando buses que partirán na noite do venres cara a Madrid e voltarán ao remate da manifestación. Haberá autobuses desde as 7 cidades galegas: Ferrol, Coruña, Lugo, Compostela, Pontevedra, Vigo e Ourense. Prezo estimado: 25-30 euros.

Contacto para información e inscricións: usdg.gal@gmail.com
Indicar: N° de persoas, Nome completo e DNI (para o seguro), Ida e volta/só ida/só Volta, Cidade de saída e chegada.

Call Now ButtonChámanos