Continúa o goteo de sentenzas polo dereito a consolidar na Xunta

  • Novo recoñecemento xudicial á consolidación de tramo 1
  • CNT critica a Xunta e sindicatos a respecto do proceso de consolidación

Unha nova sentenza xudicial ven de recoñecer o dereito á consolidación dun afiliado á CNT na Xunta de Galicia.

A sentenza declara o dereito desta persoa a estar encadrado no tramo 1 que se atopa regulado na disposición transitoria polo feito de ter unha antigüidade anterior a 1-7-1997.

Esta nova sentenza súmase ás xa moitas existentes relativas ao proceso de consolidación que recoñecen dereito de reserva de praza para este proceso a numeroso persoal que non pode ser cesado doutro xeito que non sexa coa aplicación de dito proceso de consolidación.

O proceso de Consolidación está recollido no Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia e regulado no Acordo para a ordenación e mellora do emprego público no ámbito da Administración da Xunta de Galicia do 21 de abril de 2008 está dirixido ao persoal laboral temporal (por obra) e indefinido con antigüidade anterior a 1-1-2005. Está dividido en 2 tramos:

  • Tramo 1: antigüidade anterior ao 1-7-1998. O proceso consistirá en un concurso de méritos. O persoal atópase na actualidade equiparado a persoal fixo de convenio. Non existe convocatoria.
  • Tramo 2: antigüidade entre 1-7-1998 e 1-1-2005. O proceso consiste en un concurso-oposición aberto. Foi convocado na OPE 2017 (DOG 12-12-17).

 

Desde a sección de CNT indícase que pese “ao interese” de Xunta e os seus sindicatos de tratar de mezclar os distintos procesos e dereitos adquiridos polo persoal temporal “imponse a realidade xudicial que debería ser respectada”.

Así mesmo, lémbrase ao persoal afectado que de non ter “explicitamente” reservada a praza para a consolidación NON ten recoñecido o dereito e debería reclamar individualmente no xulgado a inclusión no proceso de Consolidación.

 

Información sobre: os procesos e dereitos do persoal público temporal en: http://www.cnt.gal/?q=node/2172

Reclamacións de fixeza para o persoal temporal en: http://www.cnt.gal/?q=node/2256

 

Afíliate! http://www.cnt.gal/?q=afiliate

 

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia

sindicato-cnt@xunta.gal // galiza@cnt.gal

www.cnt.gal/?q=xunta

Call Now ButtonChámanos