Nova sentenza de fixeza no Consorcio Galego de IeB

– Continúa o recoñecemento xudicial das fixezas no consorcio
– A Xustiza volta novamente a dar a razón aos argumentos defendidos polo Gabinete Xurídico da CNT dende o principio do conflito.

Dende a CNT valórase moi positivamente cada unha das sentenzas estimatorias de fixeza que se están a dar. A sí mesmo considera que se está mantendo unha cadencia de sentencias estimatorias.

O Xulgado do Social nº 1 de Lugo estima a demanda de fixeza dunha traballadora do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, tras a demanda presentada pola CNT. Deste xeito, o xulgado dá a razón aos argumentos de fixeza esgrimidos sempre polo Gabinete Xurídico da CNT fronte á fraude na contratación e o abuso na temporalidade existente no sector público. Esta nova sentenza entende que a traballadora superou un proceso selectivo que respectaba os principios de “publicidade, capacidade, igualdade e mérito” necesarios para o acceso ao emprego público de maneira fixa.

Neste caso, a traballadora superou un proceso selectivo para unha praza fixa, pero a administración relegouna a un listado para contratación temporal. A traballadora foi destinada posteriormente a unha praza estructural pero cun contrato temporal.

Desde o sindicato e o comité de folga do Consorcio Galego de Servizos de IeB considérase que na actualidade todas as traballadoras do organismo deben manter os seus postos de traballo (independentemente do xeito de acceso a administración) como sanción pola fraude e dadas as circunstancias de exclusión do mercado laboral ás que se verían expostas unha vez se producira o ERE prantexado pola Xunta.

Call Now ButtonChámanos