O Tribunal Supremo anuncia que non aplicará a sentenza do TXUE sobre o persoal indefinido non fixo

O Pleno da Sala Cuarta do Tribunal Supremo, en sesión non xurisdiccional, considera que non sabe como aplicar a STXUE de 22 de febreiro de 2024 (asuntos acumulados C-59/22, C-110/22 y C-159/22) sobre personal indefinido non fixo aos múltiples recursos pendentes de resolución, e acorda formular unha cuestión prexudicial ante o propio TXUE para que lle indique como facelo.

Isto, en realidade, é unha estratexia xa empregada noutras ocasións polo Tribunal Supremo para dilatar durante anos os procesos xudiciais e na práctica non aplicar unha sentenza que resulta favorable aos intereses de milleiros de persoas contratadas en fraude de lei pola Administración. Aínda así, esta cuestión prantexada polo Supremo non vincula aos Tribunais Superiores de Xustiza, que poden aplicar a doutrina do TXUE sen máis dilación, do mesmo xeito que o poden facer os xulgados de instancia,

Desde a CNT xa rebaixaramos a euforia ante a aplicación da sentenza do TXUE e xa previramos que podía ser que o Supremo intentase inaplicala. Agora confírmanse as nosas dúbidas. Cada vez se fai máis evidente a necesidade dunha resposta contundente que poña freo a esta situación de abuso e inseguridade.

Call Now ButtonChámanos