O Tribunal Superior de Xustiza confirma o dereito á fixeza do persoal temporal de listas

  • Tras unha demanda da CNT o Tribunal rectifica o seu criterio e concede a fixeza das traballadoras en fraude de lei.
  • A sentenza corresponde a unha traballadora que accedeu ao emprego público a través de listas.

A CNT obtén unha vitoria xudicial pola que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza recoñece a fixeza a unha traballadora da Xunta no seu posto de traballo. A sentenza reitera a argumentación recente do Tribunal de Xustiza da UE e do Tribunal Supremo, impoñendo a fixeza como sanción efectiva aos 16 anos de fraude na contratación da traballadora.


En maio de 2021 a CNT conseguiu ás primeiras sentencias de instancia, dende o sindicato declaraban entón “Ábrese un camiño novo que comeza a consolidarse para o recoñecemento da fixeza do persoal público en abuso de temporalidade. As críticas de outras organizacións sindicais, que foron cómplices da fraude sobre o persoal temporal público, van desaparecendo e quedando atrás con cada paso que damos”. Agora estas afirmacións vense ratificadas polo TSXG.


Desde a CNT esíxese á Xunta a abandonar as prácticas fraudulentas de contratación e asumir a ilegalidade dos seus actos nesta materia, entendendo que debe acatar todas as sentenzas xudiciais favorables ao persoal sen interpoñer máis recursos que so alongan a situación de incerteza e temporalidade do persoal en fraude.


Desde a CNT animan a todo o persoal público temporal en fraude e abuso de temporalidade a denunciar a súa situación irregular e defender os seus dereitos.

Call Now ButtonChámanos