A CNT denuncia ao Concello de Pontevedra polo incumprimento da normativa de Prevención de Riscos Laborais

  • O Concello de Pontevedra desatende as peticións da sección sindical da CNT e da Inspección de Traballo e Seguridade Social en materia de Prevención de Riscos
  • A pesar dos perigros da base por non cumplir coa normativa vixente ao consistorio non parece preocuparlle a situación do seu persoal de emerxencia
  • O accidente dun compañeiro caendo dende 5,20 metros de altura non parece suficiente para que se tomen as medidas oportunas

O Concello de Pontevedra pon en risco a vida dos seus bombeiros co incumprimento sistemático das medidas en materia de Prevención de Riscos Laborais. A pesar dos múltiples requerimentos da sección sindical da CNT no Concello solicitando que se realice a Evaluación de Riegos Laborales contemplando as actividades desarrolladas fora da base e da conseguinte Planificación da Actividade Preventiva, o consistorio pontevedrés fai caso omiso destas peticións e mantén o servizo nunhas condicións lamentables que supoñen un elevado risco para a saúde e o benestar dos bombeiros do SEIS. Desta forma, a pesar do grave accidente acaecido o 30 de outubro de 2019, onde un traballador caeu dunha altura de 5,20 metros debido ás deficiencias existentes na estrutura empleada no exercicio, á ausencia do procedemento de traballo e á inexistencia dun Plan de Prevención implantado, dende o organismo municipal continúan sen atender as peticións e sen dar solucións ás deficiencias do servizo.

Dende a CNT condenamos a actitude do Alcalde-Presidente así como dos responsables do cumprimento da normativa en materia de Prevención de Riscos Laborais tanto dentro do consistorio como no propio corpo de bombeiros do Concello de Pontevedra. Por este motivo, o sindicato inicia un procedemento xudicial solicitando

  • A elaboración ou, no seu caso, completar, de forma inmediata, a Evaluación de Riscos e a Planificación da actividade preventiva do SEIS, incluida a Evaluación dos Riscos Psicosociolóxicos.
  • A elaboración da Evaluación de riscos dos diferentes procedimentos do traballo, e non unha simple relación dos riscos existentes, incluíndo, asimesmo, os EPIS que se deban utilizar en cada suposto diferente.
  • Garantizar que os responsables das prácticas nos procedimentos ou nas maniobras, dispoñan da formación preventiva requerida, nos términos previstos no RD 39/1997, para a adecuada identificación e valorización dos diferentes riscos presentes en cada maniobra e para a determinación das medidas de prevención e protección necesarias.
  • Anular o nomeamento indiscriminado efectuado de todo o persoal como recursos preventivos.
  • Proceder a formar adecuadamente aos traballadores que vaian ser nomeados recursos preventivos, naqueles riscos que deberán supervisar, cunha formación de maior alcance e contido que a recollida no programa de nivel básico, que con todo poderá manterse para o resto do persoal.
  • Dimensionar os recursos destinados polo Concello de Pontevedra á prevención de riscos dentro do modelo mixto de prevención existente, incrementando os seus efectivos, solicitando para isto un informe ao SPA que fixe as necesidades do persoal que o Concello deberá incorporar.
  • Informar por escrito ao demandante dos riscos do seu posto de traballo e das medidas preventivas e de protección implantadas, dando cumprimento ao art. 18 LPRL.
  • Aboar unha indemnización de DEZ MIL EUROS (10.000).

Dende a sección sindical da CNT no Concello de Pontevedra continúan as peticions de reunión para poder negociar estes e outros incumprimentos no ámbito das Emerxencias do consistorio pontevedrés. Por todo isto, os traballadores do SEIS de Pontevedra están dispoñibles para comezar as reunións e que as súas lexítimas reclamacións sexan escoitadas tan pronto como o Alcalde-Presidente quera establecer este diálogo entre traballadores e Administración.

Call Now ButtonChámanos