A imaxe ilustra a un grupo de traballadores do Servizo de Exención de incendios do Concello da Coruña

A CNT prantexará as medidas xudiciais necesarias para anular o calendario laboral de Incendios do Concello de Pontevedra

  • O persoal de Incendios do Concello de Pontevedra rexeita a nova distribución horaria proposta pola alcaldía
  • A alcaldía pecha a porta a posibles negociacións, negándose a escoitar as propostas dos e das traballadoras

A sección sindical da CNT no Concello de Pontevedra ven denunciando dende decembro a nova distribución horario do Servizo de Extinción de Incendios. A nova distribución, decidida unilateralmente e sen ningún tipo de acordo, reduce o descanso entre quendas, aumenta a rotación do persoal e implica traballar con operativos máis reducidos en número de efectivos.

Ante a negativa a posibles negociacións por parte da alcaldía anúnciase que se prantexarán as medidas xudiciais necesarias para anular este novo calendario laboral. A CNT quere garantir tanto o desenvolvemento seguro do traballo do servizo de incendios como a súa eficacia para a cidadanía, e fan unha chamada á corporación a escoitar e ter en conta as propostas realizadas polos traballadores e as traballadoras.


A sección sindical denuncia que presentaron unha proposta de distribución horaria que non se chegou a escoitar, apoiada polo 80% do persoal, previamente á publicación que fixo Carme Fouces Díaz, concelleira de persoal, dos novos cuadrantes horarios.


O persoal de incendios, que traballa quendas de 24 horas, tiña tres xornadas de descanso entre quendas que coa nova publicación redúcense a dúas, ademáis segundo afirma o delegado da sección sindical “Esta modificación é unha imposición encuberta de horas extraordinarias estructurais”, pois todo o persoal deberá estar dispoñible para cubrir baixas e servizos nos días libres.


A valoración do sindicato CNT é que estes trocos prantexados polo consistorio son contraproducentes para o desenvolvemento do traballo e da súa eficacia e eficiencia como servizo público, e ao mesmo tempo poñen en risco a seguridade, a integridade física e a saúde laboral do persoal.

Call Now ButtonChámanos