O Concello de Pontevedra incumple a súa propia normativa sobre o uso do galego

  • O Concello de Pontevedra non utiliza o galego para as aplicacións do uso polo seu persoal
  • A pesar de contar cunha ordenanza específica sobre o tema, o consistorio fai caso omiso dos requirimentos
  • A Sección Sindical da CNT no Concello de Pontevedra denuncia esta situación

A CNT denuncia novamente ao Concello de Pontevedra. Nesta ocasión, o persoal do Consistorio denuncia “que a aplicación de xestión de parques (GESPARQUES) ten como idioma prioritario o castelán e non o galego como obriga a ordenanza municipal de normalización lingüística”. Isto supón o incumprimento do artigo 1 da Ordenanza de impulso do uso do galego no Concello de Pontevedra onde se determina que “o galego, como lingua propia de Galicia, é o idioma oficial do Concello de Pontevedra” e o artigo 3.5 que indica que “As aplicacións e programas informáticos han de estar adaptados para o funcionamento en lingua galega”. A pesar de dispor dos medios suficientes para contar cunha aplicación no idioma oficial do pais, os rexidores públicos non parecen interesados en cumprir non só coa súa propia lexislación senón coas súas propias palabras e estatutos. Así, é imprescindible recordar que o Concello de Pontevedra leva gobernado polo BNG dende o ano 1999 e resulta incomprensible entender como, a pesar da suposta defensa pública do galego, a administración local non permite que as plataformas de xestión dos seus traballadores e traballadoras usen como idioma principal o galego.


Call Now ButtonChámanos