Nova sentenza de fixeza na Xunta de Galicia

Nova sentenza de fixeza na Xunta de Galicia

Na CNT continuamos na loita xudicial pola estabilidade do persoal das administracións públicas e valoramos moi positivamente cada unha das sentenzas estimatorias de fixeza que se están a dar, cada vez en máis ámbitos. Estas sentenzas dan a razón aos argumentos de fixeza esgrimidos polo Gabinete Xurídico da CNT fronte a fraude na contratación e o abuso na temporalidade existente no sector público.

O Xulgado do Social nº 3 de Compostela estima a demanda presentada pola CNT de fixeza dunha traballadora da Consellería de Emprego e Industria. Esta nova sentenza entende que a traballadora superou un proceso selectivo que respectaba os principios de “publicidade, capacidade, igualdade e mérito” necesarios para o acceso ao emprego público.

A traballadora “superou un proceso selectivo para unha praza fixa, sen obter praza“. A administración incluíu á traballadora nunha lista derivada do proceso selectivo e destinou á traballadora a unha praza cualificada como “temporal” de xeito fraudulento. Esta situación levou ao tribunal a estimar a demanda de fixeza pola traballadora segundo a recente doutrina do tribunal supremo.

Call Now ButtonChámanos