Ceses e indemnizacións na Administración Pública

  • De producirse un cese tes dereito a unha indemnización polo despedimento
  • Desde CNT estase reclamando a maiores unha indemnización por abuso de temporalidade
  • Hai un prazo de 20 días desde o cese para presentar demanda reclamando as indemnizacións

Levamos meses vendo xa ceses de compañeiras e compañeiros temporais que levan anos de servizo na administración pública galega.

Desde CNT informamos e recomendamos a todo o persoal temporal que sexa cesado que reclame vía xudicial as indemnizacións, tanto a que corresponde polo cese, así como a derivada do abuso de temporalidade sufrido durante anos que xa se ven reclamando desde o sindicato nos ceses que se están producindo.

Esta nova indemnización por abuso de temporalidade reclamase tamén aínda que o cese sexa por tomar posesión doutra praza, xa que se entende que a súa natureza é compensatoria polos anos de abuso traballados.

Respecto do dereito a ser indemnizado no cese, indicar que corresponde a todo o persoal público independiente da Administración pública na que se traballe e do vínculo: persoal interino funcionario, laboral temporal ou indefinido non fixo. A indemnización constitúe o mecanismo de sanción da fraude e abuso de temporalidade para o persoal público temporal e este dereito está consolidado na xurisprudencia española.

Está indemnización pode non ser pagada pola Administración pública de oficio polo que é necesario demandar xudicialmente para reclamala. O prazo para presentar unha demanda por despedimento é de 20 días desde o momento do cese.

Económicamente a indemnización pode variar por distintas circunstancias dependendo de como sexa considerado o cese no Xulgado. Incluso o cese pode ser considerado nulo e, polo tanto, implicar a readmisión da persoa no seu posto de traballo en determinados supostos como cando se produce o cese mentres se está exercendo dereitos de conciliación.

Lembra que se debe contactar co sindicato de maneira inmediata, a ser posible antes do cese, xa que só hai 20 días de prazo desde o cese para poder presentar dita demanda.

Advertimos tamén que demandar estas indemnizacións non pode ter consecuencias a respecto de apuntarse ás listas de contratación da propia administración.

Call Now ButtonChámanos