Convocatoria de folga-fake na Administración Publica

  • A CNT desaconsella o seguimento da convocatoria.
  • Animamos, a constituír seccións sindicais e prantexar procesos reais colectivos de conflito sindical.

Nos últimos días lanzouse por medios virtuais unha presunta convocatoria de folga indefinida na Administración Pública. Ante a cantidade de consultas e inquedanzas que se nos trasladan conesta cuestión, desde a CNT, nun exercicio claro de responsabilidade, desaconsellamos o seu seguimento ante as consecuencias que puidera chegar a ter.

A presunta folga non conta co respaldo de ningún sindicato e non está correctamente convocada. É posible convocar unha folga sen sindicatos, aínda que dita convocatoria debe decidirse na asemblea correctamente convocada de cada empresa oucada administración). Neste caso isto non aconteceu.

Para convocar unha folga deben realizarse tamén xestión previas e negociacións encamiñadas a resolver o fondo do asunto. Na mesma maneira, os convocantes deben asistir ás negociacións dos servizosmínimos, o que nos consta que tampouco aconteceu.

Tampouco é posible convocar unha folga con dúas ou tres modalidades diferentes de folga simultáneas e escoller cal vai ben. Pode haber distintas convocatorias cada unha coa súa modalidade, pero non é o caso.

Desde a CNT-Galiza parécenos unha aberración esta falta de responsabilidade de lanzar unha convocatoria desde o mundo virtual e sen ningún sustento real. Entendemos que os procesos de loita e conflito deben articularse desde bases serias e responsables, e distanciámonos de todos estes intentos de rebaixar o contido da ferramenta máis útil da clase obreira, como é a folga. Entendemos que o conflito debe articularse en seccións sindicais horizontais e que desenvolven ferramentas de oposición á patronal recollendo a totalidade de reivindicacións das plantillas e procurando solucións amplase verdadeiramente resolutivas e transformadoras, moi distanciadas tanto da permanente defensa dos intereses da Administración que levan a cabo os sindicatos integrados como do iluminismo narcisista de iniciativas como esta. 

Animamos, daquela, ao conxunto de traballadores e traballadoras do sector público a constituír seccións sindicais e prantexar e levar a cabo procesos colectivos de conflito sindical, como pode ser a folga, e a modode exemplo remitimos ao excelente traballo das seccións sindicais como as do Consorcio de Igualdade eBenestar na Xunta de Galicia ou as do Servicio Publico de Empleo de Extremadura.

Call Now ButtonChámanos