O “ICETAZO”: consecuencias para o persoal público temporal

Este martes 6 de xullo ás 19h a través do canal de Youtube da CNT Galiza terá lugar unha charla informativa sobre o Decreto sobre as medidas urxentes para reducir a temporalidade no sector público que pretende poñer en funcionamento o Ministro Iceta.


A charla informativa contará coa participación de Rita Giráldez, advogada do gabinete xurídico da CNT,  quen tentará aclarar os principais aspectos do Decreto e analizar as consecuencias que terá sobre o persoal público temporal. 

Call Now ButtonChámanos